Os populares lembran que asturianos e cántabros están exentos de pagar os billetes, que en Galicia hai que seguir abonando, desde que se soubo que o Ministerio encargou trens que non collen nos túneles
Lugo, 24 de abril de 2023. O Goberno central marxina a Lugo en practicamente todo o que ten que ver con infraestruturas e mobilidade, e unha boa demostración de que é así é que os billetes de FEVE están totalmente bonificados para asturianos e cántabros pero non para os galegos, concretamente para os veciños da Mariña. O PP presentará na Deputación unha iniciativa para intentar cambiar este estado de cosas e espera que, por unha vez, o goberno provincial dea o seu apoio. Iso a pesar de que, como sinala o portavoz provincial, Javier Castiñeira, “na Mariña sabemos da nula influencia que ten José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, sobre as decisións do Goberno central; sabemos que Tomé actúa como representante da delegación do Goberno na provincia e fai máis labor para xustificar as decisión que van en contra da provincia de Lugo que para velar polos seus intereses”.
Castiñeira explica: “O grupo provincial do PP levará ao pleno que celebrará mañá a Deputación unha moción instando ao Goberno central a que trate por igual aos veciños da Mariña, de Galicia, con respecto aos de Asturias e Cantabria, que teñen o tren, o FEVE, bonificado na súa totalidade”.
Os populares lembran que a bonificación dos billetes foi unha medida adoptada polo Goberno “despois da metedura de pata do Ministerio de Transporte que encargou trens que non collen polo túneles”. A bonificación foi “para tratar de calar as críticas” pero só beneficiou a asturianos e cántabros. “O mínimo que deben facer os socialistas de Lugo é reclamar o mesmo para os veciños da Mariña”, sinala o portavoz popular.
Javier Castiñeira di: “Xa estamos fartos de infraestruturas con problemas: a N-642 chea xa de fochancas, cun socavón importante que marca a mobilidade de todos os mariñáns, e sen nada feito para a autovía A-74, para a que non se moveu un camión de terra en catro anos. Esperemos que neste último pleno, os socialistas non fagan o mesmo de sempre, que é esconderse ou xustificar decisións de Sánchez en contra da mobilidade dos lucenses, neste caso, por tren, dos veciños da Mariña e do resto dos usuarios”.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



