Foz, 24 de abril de 2023. Foz acollerá actividades do programa Rede Paraugas Alzheimer para crear un grupo de axuda mutua para familiares de persoas con demencia. Empezarán este xoves, día 27 de abril, e desenvolveranse na Casa da Cultura de 17 a 19 horas.
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz colabora con AFAN de Burela “para levar a cabo un programa Rede Paraguas Alzheimer Rural no noso concello. Vai dirixido fundamentalmente a coidadores non profesionais que atenden a familiares que sofren algunha demencia ou deterioro cognitivo no rural. Está promovido pola Fundación Barrié e a Federación de Alzheimer de Galicia”, explica a concelleira Ana Rojo.
A edil de Servizos Sociais engade que “o Concello de Foz, a través de AFAN, quere impulsar este tipo de programas co obxectivo de dar apoio e crear unidades de respiro os coidadores, buscando estratexias para abordar e afrontar estes trastornos e doenzas que teñen os doentes no seu día a día e as súas familias e formando grupos de axuda mutua para familiares coidadores non profesionais cuns obxectivos específicos: achegarse de maneira personalizada ás familias para identificar as súas necesidades; poñer en marcha propostas de atención ás persoas con demencia ou nos inicios da enfermidade e as súas familias; colaborar e crear vínculos por parte do noso Concello con este tipo de asociacións (AFAN), que contan con profesionais acreditados neste tipo de enfermidades para crear unidades de respiro ás familias e grupos de axuda mutua formados por persoas coidadoras de usuarios con diversas demencias, Alzheimer, deterioro cognitivo ou fronto temporal, etcétera”.
Estas actividades desenvolveranse de forma presencial para coñecer de primeira man as dificultades e necesidades dos participantes e poder abordar un plan de traballo, de reunión e acompañamento mensual do grupo. Coordinará o profesional que sexa necesario en cada caso ou nese momento (psicólogo sanitario ou terapeuta ocupacional). Estas sesións levaranse a cabo de maneira grupal cun máximo de 12 persoas.
O programa impartiranse na Casa da Cultura de Foz en horario de 17 a 19 horas. As actividades desenvolveranse os días 27 de abril, 10 e 24 de maio e 8 e 28 de xuño durante cinco sesións nas que se ofrecerá formación, se resolverán dúbidas e inquedanzas dos participantes, buscando solucións adecuadas segundo as propias experiencias das persoas coidadoras.
Para anotarse ou calquera aclaración ó respecto os teléfonos de contacto son o 982.133.566, do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Foz (en horario de mañá) ou no teléfono 982.580.610, da asociación AFAN.
A participación e totalmente gratuíta para tod@s @s que cumpran os requisitos de ser coidadores non profesionais de persoas demenciadas ou que consideren que poden estar nos inicios destas doenzas.
“Esperamos e animamos ás familias a participar deste programa totalmente gratuíto pensado para optimizar a vida do enfermo e poder dar solucións para un menor impacto na carga de traballo dos coidadores e coidadoras”, rematou Ana Rojo.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



