Os populares lembran que o alcalde e o segundo tenente de alcalde cobran por dedicación ao Concello
Muras, 4 de abril de 2023. A economía, en definición da RAE, é, na súa primeira acepción, a “administración eficaz e razoable dos bens”. A RAG, pola súa banda, inclúe unha acepción na que economía é a “redución de gastos ou administración en que se evitan os gastos innecesarios ou inútiles”. Pois, como sinala a portavoz do PP, Eugenia Requeijo, o goberno de Muras non aplica ningunha das definicións reseñadas, porque fai mal uso dos recursos de que dispón o concello, como o demostra o feito de que nos últimos oito anos, dedicou 250.000 euros a pagos a dúas empresas por servizos de asesoría, en cuestións que poderían ser resoltas polos funcionarios municipais.
Para un Concello como o de Muras, 250.000 euros é unha cantidade significativa e, en opinión de Eugenia Requeijo, constitúe un gasto innecesario e totalmente evitable, dado que as cuestións para as que se pediu asesoramento poderían ser respondidas pola secretaria ou outros funcionarios municipais. A maiores, hai que ter en conta que tanto o alcalde como o segundo tenente de alcalde cobran por dedicación ao Concello.
Eugenia Requeijo sinala: “Estiveron gastando cartos por traballos que deberían facer os funcionarios e, con eses cartos, poderíanse ter feito outras cousas que necesitan os veciños”.
A portavoz popular cre que o gasto indicado demostra unha vez máis que “ao alcalde gústalle moito figurar, pero o de traballar xa é outro cantar, e por iso recorre ao máis fácil que é externalizar á asesoría, de maneira totalmente innecesaria”. Destaca tamén a liña externalizadora de servizos que sigue o goberno local.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



