Ribadeo, 10 de maio de 2023. A lenda da música cubana, Eliades Ochoa, será a estrela musical do Ribadeo Indiano 2023. O concerto será o 9 de xullo ás 20:30 horas no barrio indiano de San Roque. O concerto foi presentado polos concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e pola presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Pablo Vizoso contou que “nesta oitava edición, a organización considerou necesario contar coa presenza dunha artista de talla internacional e que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico e cultural de primeira orde en todo o país. E deste xeito Concello de Ribadeo e Acisa decidimos convidar a Eliades Ochoa. É considerado un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, é un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeración”.
Sobre Eliades Ochoa o concelleiro de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio subliñou que “nos anos 80 participou xunto a Compay Segundo e ao Cuarteto Patria en varias xiras artísticas e con el gravou a primeira versión do coñecido Chan Chan. A forma na que Eliades se inspirou para crear os acordes da guitarra desta emblemática canción, quedou xa como un selo distintivo que inspira a moitos outros trobadores músicos e seguidores en todo o mundo”.
Vizoso Galdo seguiu a relatar que “Eliades é unha das estrelas do Buena Vista Social Club, con este álbum gañou o seu primeiro Grammy na categoría de Mellor Actuación Latina Tropical. En 1999 e 2000 foi nomeado aos Grammy baixo a categoría de Mellor Latín Tropical. En 1999 foi nomeado aos premios Óscar co filme-documental Buena Vista Social Club. No 2010 gravou o disco Afrocubism, acompañado da súa agrupación Patria e importantes músicos de Mali. Este álbum foi recoñecido por National Geographic como o mellor disco do mundo ese ano e no 2012 volveu ser nomeado aos premios Grammy Americanos. Con outro disco Un Bolero Para Ti obtivo catro premios Grammy Latino. E xa como parte do grupo Buena Vista Social Club co álbum Lost and Found, gaña un Premio Billboard e o premio Latin Award en Canadá. Eliades Ochoa colaborou en producións discográficas con Enrique Bumbury, Luis Eduardo Aute, Armando Manzanero, Pablo Milanés, entre moitos outros, e tamén foi seleccionado para participar en disco homenaxe a Bob Dylan”.
O edil ribadense engadiu que “hoxe en día Eliades Ochoa segue creando e compoñendo música, e este ano teremos a oportunidade de disfrutar e de contar con el nesta nova edición do Ribadeo Indiano. O concerto celebrarase o domingo 9 de xullo ás 20.30 horas no barrio indiano de San Roque como broche final e como colofón a todas as actividades que inclúe o noso evento máis internacional”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “estamos encantados de poder recibir en Ribadeo a un dos máximos expoñentes da música cubana, a Eliades Ochoa, unha figura internacional que conta, como dicía Pablo Vizoso, con varios Grammys Latinos e con outros moitos premios… O listón dos concertos do Ribadeo Indiano foi in crescendo tanto que resulta complicado superalo ano tras ano. Para que nos fagamos unha idea, Eliades Ochoa vai estar en Ribadeo e en Málaga, ademais de pasar con esta xira por Alemaña e por Italia”.
Cruzado Iglesias considera que “a noite do 9 de xullo vai ser espectacular en Ribadeo, porque haberá música e máis cousas. Concello e Acisa seguimos a traballar para ultimar o antes posible a totalidade do programa do Ribadeo Indiano 2023, que agardamos sexa do agrado de todas e todos”.
Mercadiño Indiano
Pablo Vizoso tamén deu a coñecer que “o día 8 de xullo de 2023 terá lugar a oitava edición do Mercadiño Indiano, un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e tamén de oficios da época. Este mercadiño celebrarase na Rúa San Roque en horario continuo de 11:00 horas e ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as 22:00 horas. En todo caso, será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 ata a finalización do devandito festival”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha das actividades relacionadas coa cultura indiana ou daquela época, de finais do século XIX ou principios do XX”.
Pablo Vizoso manifestou que “ademais os días 8 e 9 de xullo contaremos tamén en horario de 12:00 do mediodía a 22:00 horas, do espazo gastronómico do Ribadeo Indiano onde se proporcionarán comidas a un prezo de mercado fixado polas propias foodtrucks. Este espazo será aberto e estará localizado na zona superior da praza de abastos de Ribadeo que linda coa Rúa Ramón González. As foodtrucks terán acceso a electricidade e auga no mesmo espazo e deberán estar decoradas e ambientadas coa temática do mercado indiano”.
As persoas que desexen participar tanto no Mercadiño Indiano como no espazo gastronómico deberán de presentar a súa solicitude no rexistro xeral do Concello, na sede electrónica http://ribadeo.sedelectronica.gal ou a través calquera outro medio recollido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas antes do día 1 de xuño de 2023. As bases de participación poden consultarse tamén na Sede Electrónica do Concello de Ribadeo.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



