A Xunta de Goberno Local iniciou os procesos de contratación dos arranxos de camiños correspondentes ao Plan Marco e ao Plan Único
Barreiros, 2 de maio de 2023. A Xunta de Goberno Local de Barreiros deu inicio a dous procesos de contratación para o arranxo de camiños municipais. Trátase dos plans que executa o Concello con abeiro aos fondos do Plan Marco da Consellería do Medio Rural e do Plan Único da Deputación Provincial. Un total de 288.887,49€ que se destinarán a mellorar máis de 9,5kms de viarios municipais.
As actuacións consistirán na limpeza de cunetas e mellora de firmes mediante a aplicación de regos asfálticos ou aglomerados, en función dos tipos de vías.
Os camiños que se arranxarán con cargo aos fondos do Plan Marco de Camiños serán na parroquia de Benquerencia os que comunican o Armilo con Remior, de Pedregás á Cancela Vella e a rúa de Lugo, na zona costeira.
Con cargo ao Plan Único arranxaranse os camiños da Proída, A Cosqueira-A Malata e O Barreiro-Vista Alegre, en Reinante; accesos ao Río e O Couto, en Cabarcos; Calzada-San Paio e accesos San Paio, en San Xusto; Carreira-Pico da Carreira, en Vilamartín Pequeno; Xunto á Igrexa, A Romiña e As Saíñas, en Celeiro; As Eiras, acceso á estrada xeral, e do Cascabeiro ao Acantilado en San Cosme; acceso As Travesas, en Benquerencia e a estrada que sube de San Miguel a Remourelle.
Os prazos para a presentación das ofertas por parte das empresas rematan o día 15 e o 23 deste mes, respectivamente. E o prazo de execución das mesmas son tres meses desde a sinatura da acta de replanteo das obras.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



