Será ás 21:30h na Casa da Cultura. Falarán, entre outros, Antonio Basanta, dtor xeral de pesca e membro da candidatura; Rosa Quintana, conselleira do mar; e o candidato á reelección, Alfonso Villares.

O Concello de Xove, coa colaboración do IES Illa de Sarón, organizou esta proxección sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio nos anos setenta. Tivo lugar este luns 10 de xaneiro no Salón de Actos. Ademais do alumnado e profesorado do IES de Xove, tamén asistiu público interesado neste episodio.
Nel aparecen os nomes das persoas que ano tras ano son recordadas na Ponte Vella durante as xornadas "Memoria dun Tempo" de Nordés Faladora. Entregarase un exemplar a cada persoa asistente.
Fíxoo cunha exhibición de ximansia rítmica e de patinaxe artística que tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo e que contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do edil de Deportes, David Rodríguez, que fixeron entrega dos diplomas e dun detalle a cada unhas das crianzas que asistiron neste curso ás escolas que tamen contaron con outras disciplinas como voleibol, multideporte ou balonmán.
Será ás 20 horas. Ricardo Aller de Dios é un artista visual cuxa obra se desenvolve entre a fluidez da acuarela e a solidez da cerámica. A súa práctica explora a relación entre o efémero e o permanente, a cor como ferramenta emocional e a conexión entre os elementos naturais e a forma humana. A través da acuarela, investiga a transparencia, a mancha e o azar como linguaxes expresivas, mentres que na cerámica atopa un espazo de construción pausada, táctil e meditativa, en diálogo coa terra e o lume. A exposición poderá visitarse ata o 14 de Xullo.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Entre os participantes destacou a presenza do Excmo. Sr. Bispo de Mondoñedo Ferrol D. Fernando García Cadiñanos. Tamén participaron membros de Cáritas diocesana de Ferrol. O camiño foi un descubrimento para moitos, con paraxes diferente nos seus 7 Km de percorrido.
Dentro das actividades da Concentración de Club de Morgan España, que se está a realizar estes días, tivo lugar unha visita a Mondoñedo que incluíu unha recepción por parte das autoridades municipais. Na mesma, que tivo lugar na Praza da Catedral de Mondoñedo, ao carón destes vehículos históricos, o Alcalde, Manuel Ángel Otero e a Concelleira de Turismo, Patricia Otero Doural, conversaron cos participantes e agasallaron a estes cunha bolsa con materiais sobre Mondoñedo. Tras esta breve conversa, procedeuse a realizar unha visita pola zona histórica da cidade episcopal.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital