O Pescados Rubén Burela FS sobreponse a un canso Futsi, ganando o primeiro punto sen o factor cancha, oportunidade para levarse a liga o próximo sábado na casa
Burela, 17 de xuño, 2023. Comezaba a final do Playoff no Pavillón La Estación de Navalcarnero esta tarde ás 18.00 horas, co primeiro encontro da final dos Playoff polo Título de Primeira Federación de Futsal Feminino, Futsi Atlético Navalcarnero – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 1-2. Un partido bastante igualado en xeral, pero con moitos momentos de dominio do Burela, que aínda que non conseguiu finalizar co tino ao que nos ten afeitos tivo moitísimas oportunidades claras, – moitas máis que o Futsi – e conseguiu exceder ao equipo madrileño ao que se lle notou o desgaste da semifinal na que tivo que xogar os tres encontros chegando á prórroga no terceiro. A pesar da tensión dun clásico tan disputado, as mariñás souberon manter a calma e, coa madurez que as caracteriza sabendo competir ante un Futsi que pelexou ata o último minuto pero non logrou vencer ás Guerreiras Laranxas.
Na primeira parte comeza o Pescados Rubén con forza coa primeira oportunidade clara do encontro, un tiro frontal de Irene Samper no minuto 2 que salva a meta Belén que xogou durante a primeira parte. Continúa o xogo durante toda o primeiro tempo con bastante tensión e dous equipos previdos que buscan ese primeiro gol para poñerse por diante canto antes. Non é ata o minuto 15 no que Antía atopa o 0-1 cun gol nun rexeite tras un tiro de Patricia con asistencia de Peque, que detén Belén pero non logra deter a Antía que remata conseguindo poñer por diante ao seu equipo para o descanso.
No segundo tempo ambos equipos sacan o mesmo 5 inicial que na primeira parte salvo a porteira, entran Jozi Oliveira e Marta Balbuena á pista para disputar toda a segunda parte. No primeiro minuto Peque abandona a pista por Antía e non volverá xogar en todo o que resta de partido, debido a un golpe no pé na primeira parte na que a capitá aterriza sobre a mesa arbitral. Nesta segunda parte o Burela lócese, aínda que non consegue moitos goles domina de novo o encontro, con máis intensidade e con moitísimas oportunidades. Catro clarísimas de Saki entre os minutos 24 e 33, unha delas ao pau, que levantaron ao sector laranxa que veu a Madrid nun autobús proporcionado polo club para animar aos seus Guerreiras. Comeza a segunda parte con máis forza, oportunidade de Antía no minuto 2 cun disparo desde fóra da área que detén Marta Balbuena, gran partido da porteira. No minuto 2 Emilly, despois dun pase longo de Irene Samper, tamén atopa o muro Balbuena. Despois dunha das 4 oportunidades clarísimas de Saki comeza a presionar algo máis o Futsi e chega o gol de Becha no minuto 27. Pero nun minuto o Burela volve sobrepoñerse e chega o 1-2 cun golazo de Irene Samper dun disparo potentísimo desde fóra da área. Tres oportundidades de Saki e o Futsi opta pola porteira xogadora con Leti no minuto 35, tentando atopar o empate durante o resto do partido sen éxito.
Remata o encontro e o Pescados Rubén Burela FS consegue o primeiro punto, en territorio rival, que lle permitirá disputar o segundo na casa, coa rede dun terceiro partido o seguinte martes en caso de perder en Vista Alegre. O equipo volve a Burela esperando levar a liga este mesmo sábado que vén nunha bombonera que se prevee chea e con moita esperanza de levar o cuarto título de catro disputados esta tempada podendo celebralo na casa coa familia.
Ficha Técnica Atlético Navalcarnero – Pescados Rubén Burela FS
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén (P), Leti (C), Irene Córdoba, Ame Romero, María Sanz, – cinco inicial -, Becha, Luchi, Laura Córdoba, Desi Godoy, Marta Balbuena (P)
Goles: Min.15 Antía 0-1; min.27 Becha 1-1; min.28 Irene Samper 1-2.
Equipo Arbitral: Alberto Carrión Álvarez, Fernando Faubell Zaldívar.
TA: min.3 Emilly, min.19 Jenny, min.20 Leti, min.35 Becha






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



