Mondoñedo e a parroquia vilalbesa de Santaballa acollerán os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo as actividades programadas no marco deste encontro, adicado ao Camiño de Santiago e a emigración
Lugo, 9 de xuño de 2023. A Xunta colabora coas 16ª Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, que se desenvolverán os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo en varios escenarios de Mondoñedo e na escola habanera de Santaballa (Vilalba). O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto co presidente da entidade organizadora -Abrindo Camiño -, Luis Fernández Ansedes, así como representantes do Concello de Mondoñedo e doutras entidades implicadas.
Esta edición leva por título Camiño de Santiago e emigración; e enxalzará a figura da mestra emigrada a Cuba Andrea López Chao, nacida en Mondoñedo en 1874. Así, recoñecerase e divulgarase o labor que desenvolveu no país caribeño no eido educativo, sociosanitario e na defensa dos dereitos das mulleres.
Javier Arias explicou que a Xunta achega financiamento para organizar as actividades, realizar un documental sobre a homenaxeada e ofrecer aos asistentes unha degustación de produtos galegos con Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe, co obxecto de promocionar a marca Galicia Calidade.
Programa
Nas charlas e mesas redondas previstas intervirán numerosos persoeiros do eido da cultura, da Universidade e representantes de institucións, entidades e asociacións galegas vinculadas coas temáticas que se abordarán. A apertura das xornadas será o venres 30 en Mondoñedo coa inauguración da exposición O soño cubano da emigración galega, cedida polo Consello da Cultura Galega; seguida de senllas ponencias sobre O Camiño de Santiago, itinerario cultural e dinamizador socioeconómico internacional; e A emigración en Cuba: o Centro Galego da Habana e a súa interrelación con Galicia: a bandeira, o himno e a Real Academia Galega.
O sábado 1 de xullo continuará o programa en Mondoñedo, con varios actos centrados na figura de Andrea López Chao. Entre outras cuestións, abordarase o seu papel como directora do Plantel Educativo Concepción Arenal do Centro Galego da Habana; vicepresidenta fundadora da sociedade Hijas de Galicia, centrada na protección da muller emigrante; ou como impulsora do Hospital e Balneario de acollida e asistencia a mulleres emigrantes en risco de exclusión. Tamén se analizará a súa participación no I Congreso da Muller celebrado na Habana en 1923. Como homenaxe instalarase un panel informativo sobre ela na rúa Casas Novas de Mondoñedo e distribuiranse exemplares do xornal monográfico Mondoñedo na memoria adicados á súa persoa.
O domingo día 2 trasladaranse as actividades á escola habanera de Santaballa. Alí abrirase a exposición Luces alén mar, cedida tamén polo Consello da Cultura Galega; e desenvolveranse catro charlas e coloquios: Os camiños en América, Santiago en América e os Santiagos de América: mito, toponimia e representacións. Presencia e tradición de Santiago na cidade da Habana; Pregoando o Camiño Lebaniego e a Hospitalidade no albergue do abuelo Peuto Güemes; As Sociedades de Instrución, Recreo e Beneficencia da emigración galega en América; e O legado en Galicia das asociacións de instrución e recreo habaneiras e bonaerenses.
Actuacións musicais, ofrendas florais, recitais poéticos ou xantares de confraternidade completarán o programa.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



