Os populares lamentan que “o continuo e sistemático non ao PP” supón “un agravio para os bureleses”
Burela, 28 de xullo de 2023. Os populares lamentan “a continua e sistemática negativa do PSOE e BNG ás propostas do Grupo Municipal Popular” porque supoñen “un agravio para os veciños e veciñas de Burela”. De feito, neste primeiro pleno ordinario do mandato, o bipartito opúxose á contratación do persoal para mellorar o funcionamento da administración local e dar mellor servizo aos bureleses; a acelerar o proceso de regularización do mercado semanal dos venres que está a desaparecer; a poñer en valor un dos grandes atractivos turísticos de Burela como é a praia da Marosa e tamén a dar cumprimento á sentenza xudicial que pesa sobre o Concello de Burela para resolver a Unidade de Actuación de Torrentes que alonga un proceso que xa leva 18 anos en curso.
Os concelleiros do PP consideran aínda máis chamativo que “o bipartito rexeite avanzar en xestións que recollían no programa electoral co que concorreron ás pasadas eleccións municipais” como é o caso da reubicación do mercado semanal dos venres. PSOE e BNG votaron en contra da proposta do Grupo Municipal Popular que incluía tamén a elaboración dun regulamento específico argumentando que “non era suficiente o prazo de dous meses que propoñíamos para iniciar a súa execución por tratarse dun asunto urxente debido a que o mercado semanal dos venres está a desaparecer paseniñamente e, ao mesmo tempo, un prazo considerable para realizar certas xestións”. Deste xeito, “están a recoñecer as súas limitacións á hora de dar cumprimento a unha promesa que fixera o PSOE e que, á última hora, se sumara tamén o BNG”.
Por outra banda, dende o Grupo Municipal Popular lembran que “o Concello está obrigado, dende fai anos, a devolver aos propietarios unha contía económica en relación á Unidade de Actuación de Torrentes, pero o propio goberno local bipartito votou en contra de cumprir co seu deber”.
O PP tamén pedía mellorar o funcionamento do Concello e a atención aos veciños a través da contratación de persoal técnico para áreas carentes del porque “non hai arquitecto nin arquitecto técnico dende fai meses e iso está a paralizar expedientes”. Tamén pedían “a modificación do horario laboral e da forma de traballo de determinados departamentos como o de intervención que só acude a Burela unha vez á semana e tamén supón a paralización de expedientes”.
O bipartito tamén se opuxo á posta en valor dun dos grandes areais da comarca, a praia da Marosa, que é a única que conta con bandeira azul este ano porque, a pesar de ter concedidas tres para os areais bureleses, o goberno local non foi capaz de contratar socorristas e, polo tanto, non se poden izar.
Con motivo do 30 aniversario do primeiro izado desa bandeira azul, os populares propoñían a celebración dun acto a través do que darlle publicidade na época estival de forma que contribúa a promover as visitas á vila. “Unha vez máis a negativa a facer calquera recoñecemento aos nosos potenciais turísticos por parte do goberno local fixo que esta moción non saíra adiante”, lamentan.
FALTA DE SENSIBILIDADE COAS NECESIDADES DOS VECIÑOS
Os populares de Burela amosan a súa tristura pola “actitude do goberno local, concretamente da titular da alcaldía, a señora López Moreno, polos tintes ditatoriais á hora de dirixir o pleno; pero máis aínda pola falta de sensibilidade cos problemas dos bureleses ao votar en contra das propostas do PP que ían encamiñadas a recoller o sentir maioritario dos nosos veciños e veciñas”.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



