O número 1 ao Congreso por Lugo denunciou que Lugo perdeu o 40% da súa produción de mel por culpa da praga da velutina, que pon en risco á produción agrícola e aos propios veciños
Lugo, 14 de xullo de 2023. “A descoordinación da Xunta pon en perigo a apicultura e a agricultura galega, e fomenta o desequilibrio do ecosistema natural pola posible desaparición da abella común”. Gómez Besteiro alertou dos “perigos desta praga, un exemplo de como o PP abandonou o rural”. Para o socialistas, a praga non só afecta aos apicultores senón a toda a sociedade polo risco que supón a presenza cada vez máis importante de velutinas. “Mentres, a Xunta decide se modifica ou non o seu protocolo de actuación ante un problema que segue sen ser tratado como o que é: unha praga”.
“En Lugo perdeuse o 40% da producción de mel por culpa da velutina e pola inacción do goberno do PP, e a situación non mellora porque este ano xa se retiraron máis de 2.000 niños en Galicia”. Para Gómez Besteiro esta é unha proba máis do pouco que lle importa o rural ao PP, a sostenibilidade e o medioambiente:“Os socialistas denunciamos esta situación porque o PP e Vox negan o cambio climático. O PP desde a etapa de Rajoy xa o negaba. 0 70% da agricultura depende da abella, pola polinización. Fronte o abandono do PP, os socialistas apoiamos máis investigación e avances científicos. Ecosistema sano, abella sana ”, explicou.
O cabeza de lista ao Congreso polo PSdeG-PSOE de Lugo, reuniuse este mediodía en Vilalba coa xunta directiva da Asociación de Apicultura Serra de Carba e achegouse ata as 200 colmeas cos socios. “Mentres Feijóo e Rueda deciden que departamento ten que estar á fronte, son os bombeiros municipais e os propios apicultores quenes en moitas ocasións póñense en risco para retirar os niños de velutinas. Unha vez máis, a Xunta, como fai cada vez que ten que xestionar un problema da súa competencia, mira para outro lado e espera que sexan outras administracións como os concellos quenes fagan o seu traballo. Lembren que é a súa competencia”, denunciou.
Gómez Besteiro lembrou que os socialistas presentaron ao respecto varias iniciativas no Parlamento de Galicia para saber qué pasa co tan anunciado Plan contra as velutinas, “que nin tivo os resultados esperados, nin arranxou o problema da descoordinación que tanto critican os apicultores”. Unha vez máis, dixo, “non hai ninguén ao volante do Executivo galego”.
Fonda preocupación entre o sector
A apicultura, unha actividade en alza no municipio de Vilalba, conta co respaldo do Concello, quen colabora en moitas das actividades que organiza a Asociación Serra de Carba, que naceu, precissamente, pola preocupación que existe dentro do territorio pola invasión da velutina e outras especies invasoras.
Na visita estiveron presentes a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e Eduardo Vidal, candidato socialista ao Congreso.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



