Nota previa: Hai máis dun século, Iván Pavlov fixo un célebre experimento con cans: asociando, un certo número de veces, un son de campá á presentación de carne a un can, remata adaptándose, co que a badalada (aínda sen presentación da comida) determina a salivación no can. Compórtase así a causa dun reflexo condicionado provocado artificialmente.
Tan superiores e tan normaliños. Non só nos consideramos ‘máis’ ca outros animais, senón tamén, moitas veces, entre nós hai quen se considera ‘máis’ (por exemplo, con máis dereitos). E iso que chega con dar unha pequena ollada arredor e facer que a cabeza traballe unha miga para borrar calquera superioridade. Poñamos por caso, superioridade en relación a un inmigrante ilegal subsahariano ou a un dos chamados menas (si, ese despectivo que só é o acróstico de menores non acompañados). Canta xente dos que os critican e desprezan tería aguantado a súa situación, primeiro na ‘súa’ terra e logo na ‘nosa’ terra na procura dun futuro non atopado? ‘Súa’ e ‘nosa’ como se a Terra fose diferente para uns e outros, por moito tamén que ás veces haxa xente que se empeñe en facer como se viviramos en mundos diferentes. Mentres, esa mesma xente -deixémonos de eufemismos: nós- desbloqueamos unha media de 150 veces o día o noso móbil ‘intelixente’. 150 e aumentando, porque como o can de Pavlov téñennos afeitos a salivar, léase xerar ansiedade, na espera dunha recompensa ficticia en calquera rede social.
Parece mentira. Tan superiores… como os cans. E iso, como moito, porque habería que meter na ecuación o que ao menos os cans non parecen sentirse superiores, co que non estarían enganándose a si mesmos, e polo tanto, terían unha avantaxe nesa comparación pola superioridade.
Hai pouco recomendáronme o libro de Marta Peirano “O inimigo coñece o sistema”, e, sen ir máis aló, pasando a vista por algunha das súas páxinas, chégase a máis de dúas conclusións. Máis de dúas porque ao menos as dúas primeiras son de caixón. A primeira, a autora coñece o sistema, e xusto despois, que hai que agradecer a quen o recomendou. As outras necesitarían máis tempo para analizalas, entre estímulo e estímulo, con ou sen recompensa efectiva como no caso dos cans de Pavlov, restando momentos de atención ós chíos do móbil ou ó último ocorrente vídeo da tendencia que sexa que esteamos a seguir.
Cada quen pode converterse, e estar a gusto séndoo, nun can de Pavlov. Moitas veces, a grande maioría, sen ser conscientes desa dependencia dos estímulos que nos levan a consumir máis, sexa azucre para o corpo ou gasolina para o auto, ou a votar contra o que beneficia á maioría. Iso, por moito que a se a maioría sae beneficiada, a sociedade e nós -‘o votante’- saímos beneficiados, aínda tendo en fronte aparentes prexuízos, case sempre materiais, que son os máis doados de representar e de aplicar o condicionamento correspondente, porque nos levan a crer que os ‘seus’ intereses son os ‘nosos’ (e que por iso mesmo, estamos ‘coa maioría’ e por riba dos demais).
Os cans (‘de Pavlov’ ou non) non se sabe a consciencia que teñen da situación, pero recoñecen ó seu amo. No caso dos humanos o condicionamento está a facerse de tal xeito que descoñecemos quen son os amos, ou ben non os identificamos con esas persoas que teñen capacidade de selo e a quen seguimos. Mesmo, ás veces, hai quen se ven a máis e se sinte como amo, como instigador deses cambios que lograba Pavlov, como xefe. Aínda que siga a ser, máis aínda ca outros na súa inconsciencia, un can de Pavlov, condicionado por un Pavlov que non é capaz de recoñecer.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



