Ademais, está en marcha o programa Demanda Rural que prové de conectividade vía satélite a zonas despoboadas de Lugo por 35€ ao mes
Abadín, 11 de agosto de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe en Abadín o novo impulso do Goberno para completar a conexión a banda ancha ultrarrápida na provincia de Lugo con 4,6 millóns de euros. O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital vén de lanzar a terceira convocatoria do programa UNICO Banda Ancha que levará a fibra óptica a 2.319 familias e empresas de zonas remotas e illadas de Lugo. “O Goberno de Pedro Sánchez inviste 27,1 millóns na provincia, entre as tres convocatorias do plan, estendendo a fibra a 80.503 fogares e demostrando o seu verdadeiro compromiso para acabar coa fenda dixital, garantindo o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade aos máis de 300.000 lucenses”, subliñou Rodríguez.
A subdelegada na provincia trasladouse este venres a Abadín para manter unha reunión co alcalde, José María López, a corporación municipal e veciños e veciñas, na que abordaron os avances deste programa no municipio, presente nas primeiras dúas convocatorias do UNICO Banda Ancha, e que achegará a conexión ultrarrápida a 1.566 fogares e pequenas e medianas empresas localizados en 464 puntos do concello onde a día de hoxe non dispoñen desta tecnoloxía.
“Queremos que os nosos municipios estean conectados para que as persoas póidanse instalar e desenvolver os seus proxectos de vida, para que a nosa xuventude quede e teña oportunidades e, sobre todo, para salvagardar o futuro do noso rural” sinalou Isabel Rodríguez, quen fixo fincapé na necesidade da formación en competencias dixitais dos cidadáns “para que ninguén quede atrás”.
Esta edición do programa UNICO Banda Ancha dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a universalizar a cobertura de banda ancha ultrarrápida vía fibra como ferramenta de cohesión social no marco do Plan de Recuperación do Goberno. “Estas novas axudas permiten seguir avanzando co despregamento das infraestruturas necesarias para garantir unha conectividade adecuada a toda a poboación da provincia co compromiso firme de que no 2025 todos os municipios lucenses estean conectados a internet por banda ancha”, apuntou Isabel Rodríguez.
No caso de Lugo, ao igual que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non contan cunha cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos. “Con este plan asegurámonos de que Abadín e os outros 66 concellos da provincia conten con conectividade de 100 megas na practica totalidade do territorio, facendo fronte ao reto demográfico”, engadiu a subdelegada.
Vía satélite a prezo asumible
A representante do Goberno informou que esta nova convocatoria de axudas para levar a conexión en banda ancha mediante fibra óptica, engádese á posta en marcha do programa UNICO Demanda Rural que prové a través de Hispasat, de conectividade vía satélite a zonas despoboadas de Lugo. Este plan ofrece a posibilidade de contratar unha conexión de, polo menos, 100 Mbps de descarga a un prezo de 35 euros ao mes para os usuarios, sen gastos adicionais e unha axuda de ata 600 euros para o custo da instalación, cunha cobertura do 100% da poboación naquelas zonas onde non hai acceso a redes fixas de polo menos 50 Mpbs. A plataforma a través da cal se pode facer a contratación é https://conectate35.es/.
Este programa, explicou Rodríguez, é unha solución transitoria que ofrece o Goberno mentres non conclúen os proxectos de extensión da fibra óptica que se están a executar nestes momentos.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



