Comeza o mes de agosto cunha divertida actividade de Láser Tag na Praza dos Campos na que participaron os pequenos que asisten diariamente ao programa Cervo Concilia, que suma 150 nenos e nenas este verán. Unha actividade aberta tamén para os que quixeron participar de xeito libre dentro do programa Enredos de Verán este martes.
![Láser Tag en Cervo](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/08/IMG-20230801-WA0020.jpg)