Viveiro, 3 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro acollerá un ano máis a celebración da súa Mostra Folklórica Internacional, que se terá lugar esta semana. O evento é organizado cada ano pola Asociación Bágoas da Terra, pertencente á Federación de Asociaciones de Coros y Danzas de España (FACYDE).
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentou o evento xunto á presidenta de Bágoas da Terra, Mari Carmen González López, “Chipe”, o tesoureiro Francisco Fanego, e a encargada de vestiario e infraestruturas Cruz Penso. González López destacou a “axuda incondicional do Concello, do Ministerio de Cultura e da Xunta de Galicia” para levar adiante o festival.
Entre a programación anunciada destaca a participación de agrupacións procedentes de Taiwán, Serbia, Colombia, Kenya ou Chile. Será de entrada libre e gratuíta en todas as súas xornadas.
O evento comezará mañá, xoves 3 de agosto, cunha mostra folklórica infantil que terá lugar ás 20:30 na praza Maior, coa participación da cativada de varias asociacións procedentes de Xove, San Cibrao, O Vicedo, Viveiro e de Santa Marta de Portucelo, en Portugal. Ademais, xa pode visitarse a exposición ‘A indumentaria tradicional no Camiño Francés’ na sala de exposicións do Concello de Viveiro.
A mostra celebra este ano a súa 43ª edición, e posiciona a Viveiro como un referente cultural con amplo recoñecemento internacional, xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco.
O programa de actividades desenvolverase ata o domingo 6 de agosto, con diferentes actuacións, desfiles e actividades. O propio domingo celebrarase a Gran Gala Internacional, o acto central da programación.
“Dende o Concello de Viveiro mantemos un forte compromiso coa cultura en xeral e con este evento en particular, polo seu renome e proxección internacional. Colaboramos coa organización a través de subvencións e axuda loxística, así como a cesión de espazos”, explica María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



