Viveiro, 24 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro foi hoxe o escenario da presentación da Mostra Folclórica Internacional, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto. “Quero agradecer o traballo... Ler máis
Viveiro, 3 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro acollerá un ano máis a celebración da súa Mostra Folklórica Internacional, que se terá lugar esta semana. O evento é organizado cada ano p... Ler máis
Viveiro, 31 de xullo, 2023. A programación comezará coa Inaguración da Exposición “A Indumentaria tradicional non camiño francés”, que se poderá visitar do día 1 ao 7 de Agosto, na sala de e... Ler máis
Viveiro, 22 de xullo, 2023. Dende a Asociación Bágoas da Terra continúan cos preparativos da XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se celebrará do 1 ó 7 de Agosto, c... Ler máis
Viveiro, 8 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro foi onte o escenario do desfile e a gran gala final da 42ª Mostra Folclórica Internacional, cun gran éxito de público e participación. “Qu... Ler máis
Lugo, 7 de agosto de 2022. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou este domingo á tardiña na Gran Gala Internacional da Mostra Fok... Ler máis
Viveiro, 29 de xullo, 2022. Outro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folklórica Internacional, o Ballet de Arte Folcórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na... Ler máis



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



