Como galego acredito que Galicia é unha Nación e considero que o seu dereito á autodeterminación é anterior a calquera lexislación constitucional española. Para máis, este dereito de autodeterminación está recoñecido para todos os pobos na Carta das Nacións Unidas (1945) e no artigo 1 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (NU; 1966). Alén diso, Galicia (1933), Catalunya (1926) e Euskadi (1931) foron recoñecidas no seu día como nacións polo Congreso de Minorías Nacionais da Liga das Nacións (SDN), antecedente inmediato das actuais Nacións Unidas.
Porén, como cidadán, vencellado polas normas do Dereito Internacional Público, haberei conciliar esta definición co principio de legalidade, de non ser en situacións de moi violenta e aberta opresión nacional pola potencia dominadora. E velaiquí a grande chata: a Constitución española, que blinda con desaqueladas maiorías dos 2/3 de cada Cámara estatal en dúas eleccións independentes e máis cun referendum estatal calquera reforma constitucional que recoñeza o dereito de Galicia, Catalunya ou Euskadi a decidir o seu futuro. Un principio de legalidade que bloquea de primeiras e, para calquera situación futura no marco da Unión Europea e da actual colectividade internacional, o exercício unilateral do dereito á autodeterminación.
Mais, dende os mesmos alicerces, ninguén pode recoñecer a existencia dese pobo, desa minoría, desa colectividade nacional. A existência, en último de contas, de Galicia como realidade de seu, non absorbíbel ou anulábel polo concepto de España.
E velaiquí o xogo do principio democrático. Porque unha colectividade nacional, unha minoria nacional, unha nación sen Estado, ten unha existencia anterior ao principio de legalidade eventualmente oposto ao seu dereito á autodeterminación. Mais a nidia definición puntual ou repetición de decisións dessa colectividade, nación ou minoria nacional expresa-expresará- unha vontade de decidir, que non pode ser descoñecida de non ser que derroguemos o principio democrático inserido no artigo 1.1 da Constitución estatal de 1978.
Entre os absolutos da letra constitucional (calquera ten dereito a propor unha reforma constitucional imposíbel de se aprobar de feito) e unha declaración unilateral de independencia xurdida dun mandato democrático, mais contrario á legalidade constitucional, primeiro a xurisprudencia do Tribunal Supremo canadiano (1998) e logo a súa propia lei federal (2000) recoñeceron que o mandato electoral de Quebec (hoxe Catalunya, mañá Galicia), como manifestación do principio democrático, obrigaba a un processo de negociación que habería sobardar os estreitos e caducos marcos do principio de legalidade constitucional.
Entre os absolutos do “non, nunca” do principio de legalidade constitucional e a unilateralidade do dereito á autodeterminación, o exercício do dereito a decidir nos marcos do principio democrático (enunciado recentemente no plan Urkullu presentado o 31 de agosto último) constitúe unha solución de consenso. Seremos-máis ben serán-quén de aproveitala?




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



