Esta semana as entidades que participan elixiron descubrir municipios da Mariña, como O Vicedo, Viveiro, Ourol, Burela ou Foz; e da Ribeira Sacra, con paradas en Sober, Monforte de Lemos ou O Saviñao
Lugo, 12 de setembro de 2023. A Deputación de Lugo botou a andar este martes a segunda quenda de viaxes da terceira edición do programa Coñece a túa provincia. Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores e venres, nas que participarán máis 1.230 persoas de 55 entidades da provincia ata o 7 de novembro.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, foron os encargados de dar a benvida ás primeiras entidades participantes desta nova quenda de viaxes: a asociación de veciños San Cristovo de Mouricios, de Chantada, e a asociación cultural e de veciños Fumiña-Paraxes, da Pastoriza. Os chantandinos visitaron o Pazo de San Marcos e achegáronse ao municipio de Cervo, mentres que o colectivo pastoricense coñeceu o traballo que realiza a Produtora de Audiovisuais, e os municipios de Sober e Monforte de Lemos.
O Coñece a túa provincia vai xa pola súa terceira edición, dividida en dúas quendas. A primeira desenvolveuse durante a primavera, entre os meses de marzo e xuño, e contou con 1.800 viaxeiros de 90 asociacións. Agora arranca a segunda, que se prolonga ata principios de novembro, e están anotadas máis de 1.230 persoas de 55 entidades.
A Deputación continúa con este programa gratuíto ante o enorme éxito que obtivo, pois ata o momento xa desfrutaron destas viaxes un total de 6.800 persoas de 310 colectivos da provincia de Lugo. A iniciativa está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.
A institución provincial puxo en marcha este programa no anterior mandato co obxectivo de que a veciñanza da provincia coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio. Ademais, promóvese a actividade en meses nos que os negocios e recursos turísticos teñen menos fluxo de visitantes, o que dinamiza este sector tan importante para a economía dunha boa parte dos municipios da provincia de Lugo.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



