O CEIP Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do homenaxeado, faise cun dos galardóns coa súa variada proposta, que superou as oitenta actividades ao longo de todo o curso
A Coruña, mércores 27 de setembro de 2023. Os colexios da Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey de Lourenzá son os gañadores da sétima edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto web para o público infantil Primavera das Letras. Os tres centros de ensino presentaron unha variada proposta de actividades para achegaren os nenos e nenas á figura, á obra e ao legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego.
A Real Academia Galega entregará os galardóns o vindeiro 17 de outubro nun acto na Coruña, no que participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados. O concurso conta co apoio da Deputación da Coruña, que apoia Primavera das Letras dende a súa posta en marcha no ano 2016.
O CEIP Juan Rey de Lourenzá, a terra natal de Fernández del Riego, celebrou as Letras Galegas do seu veciño ilustre dende o comezo do curso cunha morea de iniciativas resumidas no número especial da súa revista, O Tremoal. O equipo da biblioteca desenvolveu no primeiro trimestre o proxecto Desde a fiestra de don Paco, con máis de oitenta actividades de todo tipo nas que participaron os nenos e nenas de todos os niveis. Co Dicionario trangalleiro inventaron palabras seguindo as normas da lingua, elaboraron unha audioguía sobre a vida do homenaxeado, afondaron no mundo dos xogos tradicionais da súa infancia a través das achegas dos estudosos locais Xosé López e Xosé Manuel García e practicaron o xénero epistolar que don Paco tanto cultivou escribíndolles cartas aos Reis Magos desde a perspectiva dos pícaros e pícaras do seu tempo.
O alumnado de Lourenzá tamén analizou e ilustrou o discurso que o autor pronunciou na vila en 1998 con motivo da Festa da Faba, afondou na súa infancia en Lourenzá a través da celebración do Samaín en Paco e as pantasmas, deseñou unha exposición de carteis sobre o autor -premiada pola Consellería de Educación- e realizou unha pequena adaptación teatral sobre a súa vida que se puxo en escena co gallo da presentación da Primavera das Letras 2023 neste mesmo colexio.
A comunidade escolar do CEIP Juan Fernández Latorre levou a cabo a actividade titulada Espallando as Letras polo barrio, unha iniciativa que implicou a veciñanza do barrio coruñés do Castrillón con moi boa acollida. Os nenos e nenas repartiron nos establecementos comerciais, a biblioteca municipal, as escolas infantís ou o centro de día reproducións de textos de Fernández del Riego ilustrados por eles mesmos. Cadaquén escolleu o seu favorito entre unha escolma que abrangue dende fragmentos nos que o autor fala da Torre de Hércules e o outeiro e o val de Elviña ata anacos da súa única novela publicada, O cego de Pumardedón, ou a obra divulgativa A pesca galega de mar a mar.
Os cativos e cativas de 5º e 6º de primaria do CEIP da Espiñeira–Aldán animáronse a levar á escena a obra teatral As cousas de don Paco, a proposta biográfica de Eva Mejuto, con ilustracións de Lucía Cobo, para a Primavera das Letras 2023. Durante a semana das Letras Galegas o alumnado de todos os niveis foi ademais completando un álbum de cromos baseado nos personaxes da obra nunha actividade concibida para animalo a empregar decote o galego. A elaboración dunha creación plástica con frases chegadas dende as aulas en defensa do idioma propio e mais a adaptación do tema “Terra” das Tanxugueiras, desta volta titulado “Fálame galego”, completan a programación especial.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



