A institución provincial acomete este mércores os últimos traballos nesta insfraestrutura situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada provincial LU-P-4401, que vai da Pastoriza a Muimenta por Reigosa
Lugo, 27 de setembro de 2023. A Deputación de Lugo remata este mércores as obras de conservación e mellora da ponte de Rigueira, situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada provincial LU-P-4401, que é a que vai da Pastoriza a Muimenta pasando por Reigosa. Estes últimos traballos, que consisten na pavimentación do firme con aglomerado en quente, quedarán finalizados no día de hoxe permitindo recuperar neste treito a normalidade en ambos carrís de circulación cos que conta a vía.
A institución provincial investiu 30.000€ nesta actuación para reafirmar a estrutura desta ponte debido as deficiencias existentes en varios dos seus elementos construtivos debido ao paso do tempo. En concreto, actuouse na reparación con recubrimiento de alta resistencia nunha grieta no pilar da zona central e construíuse un muro para a súa defensa. Así mesmo, os traballos realizáronse con extremada precaución e adoptando en todo momento as medidas precisas nas marxes do río para provocar o menor impacto e evitar a contaminación das súas augas.
Outros investimentos nesta vía
A rehabilitación da ponte de Rigueira súmase a outros importantes investimentos acometidos pola Deputación nesta mesma vía. É o caso da actuación acometida no tramo da Avenida Principal, ao seu paso polo núcleo urbano da Pastoriza, no que a institución provincial investiu 350.000€ para a dotación de novas beirarrúas, rehabilitación do firme, nova sinalización e melloras no alumeado. Tamén destinou preto de 300.000€ á rexeneración do aglomerado por tramos e na reposición da pintura nos preto de 11 quilómetros desta estrada, mellorando a súa seguridade e comodidade de xeito integral.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



