O Grupo Municipal do PP pedirá que o goberno local realice os trámites oportunos para conseguir financiamento e facer posible a celebración dos partidos en Vilalba: “para que os veciños poidan disfrutar do seu equipo no seu municipio e seguir difundindo o nome por todo o país”
Vilalba, 27 de setembro de 2023. O Grupo Municipal do PP de Vilalba pedirá no vindeiro pleno que o goberno local realice os trámites oportunos para conseguir financiamento para a instalación do novo alumeado para o estadio municipal da Magdalena, tal e como require a Real Federación Española de Fútbol para que o Racing Club Villalbés poida disputar na casa os partidos da 2ª RFEF.
Os populares propoñen, concretamente, que o Concello de Vilalba, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia unifiquen esforzos para achegar cada unha das administracións a terceira parte do total do financiamento necesario. É dicir, “que as tres administracións acheguen financiamento a partes iguais”.
Os concelleiros do Partido Popular comprometéronse a atender as demandas dos vilalbeses e, tras coñecer as necesidades do Club, trasladan esta proposta a pleno co obxectivo de lograr o apoio da maioría da corporación municipal “para que o Villalbés poida disputar na Magdalena os seus partidos como local” de forma que “os veciños poidan disfrutar dos partidos do Villalbés no seu propio municipio e que se continúe a difundir o nome de Vilalba por todo o país”.
Un dos requisitos da RFEF para os equipos da 2ª RFEF á que vén de ascender o Villalbés -sendo o único club da provincia cun equipo na cuarta categoría do fútbol español- é que o estadio dispoña de iluminación suficiente para a disputa dun partido oficial en horario nocturno e con luminosidade suficiente (mínimo 500 luxes) para cando o partido deba ser emitido por televisión en horario nocturno.
MÁIS ENTIDADES BENEFICIADAS
Os populares defenden tamén que “outras entidades deportivas se poidan beneficiar tamén desta nova instalación lumínica” xa que se aumentaría a franxa horaria na que poder empregar este espazo para a práctica doutro tipo de deportes.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



