Desde este lunsa Garda Civil de Lugo activou un dispositivo de procura dun veciño que desapareceu en Fontepresa. O home, de máis de 80 anos, foi visto por última vez o pasado domingo pola tarde, momento no cal a súa familia notou a súa falta. Así, o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA desprazouse esta mañá para participar e colaborar coa Garda Civil na súa procura.
![O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias súmase á procura da persoa desaparecida en Abadín](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/09/2020-10-27-19_32_15-112-galicia_-Busca-de-Google-1.png)