Ameijide non entende que “o bigoberno da Deputación se negue aceptar a proposta do Concello de Xove que está disposta a asumir a titularidade das vías provinciais, tendo en conta que sempre se están queixando de que teñen que xestionar a rede de estradas máis extensa de España e, desta forma, reduciría o número de quilómetros aos que atender”
Lugo, 23 de setembro de 2023. O Grupo Provincial Popular quere saber que decisión tomou Tomé con respecto ao protocolo asinado polo anterior presidente socialista, Darío Campos, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro de cara á mellora conxunta, a xestión e a entrega ao Concello de ata 10 estradas de titularidade provincial. Os populares queren saber se pensa cumprir o acordado ou non ou, incluso, se baralla calquera outra alternativa para resolver o problema do mal estado da rede viaria provincial no concello de Xove. O alcalde reiteroulle a Tomé nunha reunión en novembro do 2022 que o Concello continúa disposto a cumprir co acordado no protocolo ou a estudar outras fórmulas para recibir a titularidade das vías.
No momento da sinatura do protocolo, en xuño do 2018, ambas entidades recoñecían o mal estado da rede viaria provincial ao considerar de interese a súa reparación en aglomerado en quente, incluso mellorando anchos e curvas nos casos nos que para máis seguridade así se considere axeitado. Dende entón, o estado dalgunhas das estradas empeorou como é o caso da LU-P-2604 (Xove – Valcarría) que nunha curva se converteu nunha enorme fochanca.
Os populares lembran que “xa preguntamos no pleno de novembro do 2019 por este asunto sen que o presidente aclarase nada”. E, en maio do 2020, cando o Grupo Provincial do PP pedía o cumprimento do protocolo, “tanto PSOE coma BNG votaron en contra”.
O portavoz, Antonio Ameijide, non entende que “o bigoberno da Deputación se negue aceptar a proposta do Concello de Xove de pasarlle a titularidade das vías provinciais que está disposta a asumir, tendo en conta que sempre se están queixando de que teñen que xestionar a rede de estradas máis extensa de España. Desta forma reduciría o número de quilómetros aos que atender”.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Os populares tamén preguntarán cando ten previsto o goberno provincial dar solución ás deficiencias do Pazo dos Deportes, logo das peticións de dimisión do vicepresidente da Deputación, a polémica e o hartazgo dos afeccionados ao baloncesto en Lugo. E, igualmente, pedirán explicacións pola tardanza do bigoberno provincial en poñer a disposición dos usuarios os seus anexos, máis coñecidos como ‘Pacito’, que está a supoñer “complicacións para os equipos infantil e xuvenil que en pleno outono van ter que adestrar nas pistas exteriores ao aire libre e á chuvia”.
A ACB (Asociación de Clubs de Baloncesto) ten advertido ao Club Baloncesto Breogán en decembro do 2022 das deficiencias do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo requirindo a súa solución na maior brevidade posible, pero a pesar de que os partidos da competición oficial remataron o 14 de maio, os traballos de colocación da cadeiras aínda comezaron o 1 de setembro cun prazo de execución de tres meses. É por iso polo que Ameijide condena a “falta de previsión” do bigoberno provincial que puido ter renovado as cadeiras durante o verán sen afectar á competición e evitando posibles multas aos clubs.
O PP advirte doutras deficiencias que se require solucionar coma as goteiras e os problemas de climatización desta instalación.
Tamén lembran que os anexos “levan anos soportando numerosos inconvenientes, como problemas co chan, humidades, goteiras, non ter vestiarios, frío… Mentres os diferentes gobernos provinciais de PSOE e BNG sempre optaron por mirar cara outro lado ou por facer promesas, sabendo de que non as ían a cumprir”.
Nese sentido, piden explicación sobre a colocación do chan dos anexos e queren saber cando se arranxarán as deficiencias no pavimento de acceso e aparcamentos e cando poderán dispoñer os usuarios dos anexos de vestiarios ou acceder aos do Pazo para poder mudar de roupa e asearse despois de adestramentos ou competicións.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



