Viveiro, 29 de setembro de 2023. No pasado mes de agosto do ano 2019, fai máis de catro anos, aprobamos por unanimidade de todos os grupos políticos desta Corporación unha moción para o impulso do PXOM de Viveiro. Na mesma ademáis de solicitar as reunións de seguemento do PXOM de Viveiro, indicábamos:
Viveiro atópase nunha situación urbanística que non pode continuar por máis tempo. O noso Concello está perdendo o tren do crecemento e a rehabilitación urbana, tren no que si que se atopan concellos do noso entorno.
No ano 2006, suspendéronse con acerto as Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Viveiro, que levaban ao noso Concello a un crecemento desproporcionado e completamente desordenado. As normas realizadas no ano 1978 provocaron a situación na que nos atopamos na actualidade.
O Decreto 102/2006 coas modificacións introducidas no Decreto 89/2010 rexen na actualidade o urbanismo de Viveiro. Estas normas están configuradas de forma temporal, mentres non se aprobaba o PXOM por parte do noso Concello.
Dende a aprobación do Decreto 102/2006 pasaron nada máis e nada menos que 13 anos, tempo político, no que se realizou a aprobación inicial do PXOM o 14 de abril de 2011. Esta aprobación inicial supuxo a apertura dun período de alegacións, foron moitas as veciñas e veciños, que presentaron alegacións que a día de hoxe 8 anos despois, seguen sen resposta. A resposta ás alegacións é de obrigado cumprimento para poder chegar ao seguinte paso de aprobación provisional do PXOM, e aínda está pendente.
Durante os últimos anos, primeiro as trabas da Dirección Xeral de Patrimonio e logo as de Augas de Galicia, xunto con certo desinterese do Goberno Municipal, “retrasaron” a aprobación provisional do PXOM.
Son moitas as veciñas e veciños, que viron durante estes anos truncados os seus desexos de utilizar as súas parcelas para os usos urbanísticos habituais.
Temos que lembrar, que no ano 2019, para poder continuar coa tramitación do PXOM, estaban pendentes os informes favorables de:
-Augas de Galicia (Gobernada polo PP)
-Axencia Galega de Infraestructuras AXI (Gobernada polo PP)
-Deputación de Lugo (Gobernada polo bipartito PSOE-BNG)
En agosto do ano 2020, voltamos a presentar a mesma moción, solicitando novamente unha reunión da comisión de seguemento do PXOM, que novamente se volveu a aprobar por unanimidade.
En setembro do 2021, UN ANO DESPOIS, a AXI recibiu ao Concello en Santiago, co obxectivo de aclarar o trazado da variante de Viveiro, a reunión parecía inicialmente fructífera, ata que en marzo deste ano 2022 o seu informe sobre o PXOM foi desfavorable, o que truncou novamente o proceso de aprobación. Logo no ano 2023 o informe volveu a ser desfavorable, entendemos pola cercanía das Eleccións Municipais.
A día de hoxe, en setembro de 2023, volvemos a presentar nuevamente a mesma moción cando xa pasaron 17 ANOS DENDE A SUSPENSIÓN DAS NORMAS URBANÍSTICAS DE VIVEIRO e a
aprobación do primeiro dos decretos provisionais, e a súa modificación posterior no 2010. Dende aquela todo sigue igual, e o concello nin sequera lle propuxo á Xunta de Galicia en ningún momento unha suavización das restriccións impostas polos decretos da Xunta e a Xunta tampoco facilitou a labor en ningún momento.
Así mesmo segue pendente a día de hoxe o informe da Axencia Galega de Infraestructuras AXI da Xunta de Galicia.
E por isto que solicitamos:
1. Explicación no Pleno Municipal dos avances na tramitación do PXOM dende a última reunión realizada pola comisión de seguemento do mesmo, así como indicar a previsión públicamente dos prazos para a súa aprobación provisional.
2. Convocatoria dunha reunión da comisión de seguemento do PXOM de forma inmediata.
3. Trasladar esta moción á Axencia Galega de Infraestruturas e á Presidencia da Xunta de Galicia co obxeto que teñan coñecemento da situación de parálise urbanística á que teñen sometido ao noso Concello, grazas ao retraso e as trabas constantes para a emisión dos informes sectoriais do PXOM de Viveiro.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



