O alcalde aposta pola conservación deste singular inmoble e por potencialo desde o punto de vista cultural
Ribadeo, 21 de outubro de 2023. As obras de mellora do Forte de San Damián supoñen un investimento de 150.000 euros. O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación para actuar nun edificio singular e moi importante para Ribadeo. Unha vez que rematen eses traballos o obxectivo é encher de contido o seu interior.
O rexedor insistiu este sábado en que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando, xestionando e abrindo as portas á inversión. Sempre o dixemos, nosoutros queremos ter interlocución con todas as administracións, seguir xestionando, seguir falando e conservando as boas relacións coa Xunta, coa Deputación e tamén co goberno do Estado. A nosoutros o que nos interesa é que veña orzamento para Ribadeo, iso é o realmente importante”.
Vega dixo que “imos seguir traballando e colaborando coa Deputación, á que lle quero transmitir o agradecemento profundo como alcalde de Ribadeo por esa colaboración. Neste caso son 150.000 euros para mellorar e investir no Forte de San Damián”.
O alcalde subliñou que “nestes momentos as obras que estamos a facer son fundamentais. Necesitábamos reformar o Forte de San Damián, así entendeu o goberno anterior que tiña que solicitar esta subvención e nosoutros licitamos a obra, acreditamos que estabamos na mesma liña de conservar o patrimonio, ese legado que nos foi entregado gratuitamente. E xa estamos a traballar para mellorar un edificio singular e moi importante, a conservar e a potenciar desde o punto de vista da cultura”.
Daniel Vega explicou todos os traballos a acometer: “estamos eliminando as barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso ao interior do edificio, tamén eliminaremos toda a maleza do perímetro, porque realmente era vergoñento como estaba e esa imaxe que se trasladaba de abandono imos deixar de dala, imos reelaborar a estrutura da cuberta do baluarte existente e vamos retellar o edificio. Reparamos tamén os parámetros verticais exteriores da nave principal e vamos volver pintar. Actuaremos para eliminar todas as filtracións de auga nos distintos puntos que están a introducir humidades nas paredes e despois poñeremos unhas pranchas de pladur no interior das salas de exposicións . Tamén se delimitará todo o foso, todo o perímetro, con madeira, iluminarase o exterior do edificio, algo que vai enxalzar o propio Forte e vamos dotar de electricidade o inmoble, xa que na actualidade o subministro realízase a través doutro edificio público e iso non é correcto”.
Para o alcalde ribadense “estamos a falar dun impulso a un edificio significativo, singular, vamos darlle un impulso á cultura cun espazo renovado imos encher de contido o seu interior. Traballamos, xestionamos e conservamos o que nos foi entregado gratuitamente polos nosos antepasados e nós temos a obriga de conservar. E eses 150.000 euros significan un compromiso por parte do Concello e tamén por parte da Deputación, estamos a colaborar conxuntamente”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



