A LU-P-3402 estará pechada á circulación na súa totalidade, dende o lugar de Paleira a Viveiró, quedando habilitado e debidamente sinalizado como desvío alternativo o acceso polas estradas provinciais LU-P-3811 e LU-P-3804
Lugo, 14 de outubro de 2023. As obras de humanización do Campo da Feira do Viveiró, en Muras, obrigan a cortar o tráfico na estrada LU-P-3402 dende o vindeiro luns, 16 de outubro, ata o 6 de novembro. A vía estará pechada á circulación na súa totalidade, dende o lugar de Paleira a Viveiró, quedando habilitado e debidamente sinalizado como desvío alternativo o acceso polas estradas provinciais LU-P-3811 e LU-P-3804.
Esta actuación, que se atopa xa na fase final, servirá para acondicionar este espazo público tan empregado pola veciñanza e facelo máis accesible. A Deputación achega 371.200€, o 93% do orzamento necesario para as obras, que tamén executa.
O proxecto inclúe a renovación das redes de servizos: pluviais e saneamento, alumeado público, abastecemento de augas, enerxía eléctrica e telecomunicacións. Ademais, plantaranse un total de 23 árbores e transplantaranse 3 existentes, entre os que haberá pradairos, acivros, castiñeiros, castaños e loureiros. Finalmente, os traballos rematarán coa instalación do novo mobiliario urbano, que estará formado por papeleiras de 45 litros de capacidade, con corpo de aceiro galvanizado e cuberta de madeira, e bancos circulares, do mesmo estilo, de 2 metros de radio.
Trátase dunha actuación moi importante para o concello de Muras, tamén en termos económicos, xa que o Campo da Feira do Viveiró é moi empregado pola veciñanza e acolle eventos moi importantes para o municipio e a comarca como a Feira do Mel, que se celebra a mediados de novembro.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



