A Garda Civil detivo a tres veciños de Ribadeo, con idades comprendidas entre os 18 e os 31 anos e a un menor de idade como supostos autores dun delito de furto de 750 euros e outros efectos do interior dos anexos dunha vivenda situada neste concello. Os donos foran previamente evacuados ante a proximidade do incendio que afectou á comarca da Mariña e polo cal se decretou a situación 2. As persoas detidas foron postas ao dispor xudicial.
Detidos en Ribadeo por roubar nunha casa desaloxada polo incendio
Detidos en Ribadeo por roubar nunha casa desaloxada polo incendio
Relacionado
-
A Sardiña mariñada en ceviche de froitas do Parador é a tapa gañadora do XVIII Ribadeo de Tapeo
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
A Xunta referenda en Ribadeo a súa aposta pola innovación no comercio e pola remuda dos negocios