Daniel García: “estas visitas permiten que as nenas e nenos, incluso aqueles que viven no rural, se acheguen á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva”
Lugo, 20 de outubro de 2023.- Alumnado do CEIP San Cosme de Barreiros visitou esta semana Tropic Gaia, en Xove, no marco da segunda edición do programa Da Escola á Granxa da área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Medio Rural Daniel García participou na visita, na que o alumnado -dos ciclos de infantil e primaria- coñeceu a orixe, proceso de crecemento ou a técnica de recolleita da pitaya ou froita do dragón, o produto estrela da produción de froitas tropicais que Andrea González Río ten en Aldea de Arriba, en Morás. Da súa man, percorreron os corredores dos invernadoiros nos que cultiva estas froitas -e physalis ou fresas – e puideron degustalas. Ademais, as nenas e nenos recibiron tamén un exemplar do libro “Os Bolechas. Da Escola á Granxa”, que Medio Rural edita con Bolanda para ampliar a difusión do programa.
Daniel García destacou que “estas visitas permiten que as nenas e nenos, incluso aqueles que viven no rural, se acheguen á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva, a través de persoas que transmiten un gran entusiasmo polo que fan e que amosan a importancia que o sector primario ten na actividade económica, pero tamén na produción de alimentos de calidade e na fixación de poboación”.
Tropic Gaia é un dos 29 proxectos de emprendemento rural que participan no programa Da Escola á Granxa: granxas, pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios das distintas comarcas, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas.
A área de Medio Rural financia as visitas ás asociacións de nais e pais que solicitaron as actividades, que se están a desenvolver neste segundo semestre do ano. Participarán nelas preto de 4.000 alumnos e alumnas dos colexios de Becerreá, A Pobra do Brollón, Triacastela, Oural (Sarria), Monterroso, Santa Rita de Galdo e Lois Tobío (Viveiro), Terra Chá de Román, Insúa Bermúdez e Mato Vizoso (Vilalba), Riotorto, Xove, Samos, Xermade, Outeiro de Rei, O Páramo, Pantón, Palas de Rei, O Cantel e Nº 1 (Foz) , Alfoz, Quiroga, Guntín, Ribadeo, A Pastoriza, Bretoña (A Pastoriza), Castro de Rei, O Incio, Taboada, Bóveda, Monforte, Paradela, Muras, San Cosme de Barreiros e A Milagrosa, Lousada, As Mercedes, Santa María e Casás (Lugo). O programa supón un investimento de 80.000 euros.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



