As actividades polas parroquias foron postas en marcha polo goberno do Partido Popular para “achegalas aos veciños”, pero “os socialistas quitan un servizo que ofrecía o Concello”
Xermade, 7 de outubro de 2023. O Grupo Municipal do PP de Xermade condena “a falta de compromiso” do goberno socialista coas asociacións veciñais por “desentenderse da organización de actividades e cursos que se viñan realizando polas parroquias e trasladarlles a estes colectivos a responsabilidade de xestionar a contratación, coordinación, organización e pago”.
Os populares lembran que as actividades polas parroquias foron postas en marcha polo goberno do Partido Popular co obxectivo de “achegar estas actividades de dinamización social a tódolos veciños nas súas propias parroquias favorecendo a participación de todas aquelas persoas que non dispoñan de transporte para achegarse a outros puntos”.
Os concelleiros do PP, que puxeron esta cuestión enriba da mesa durante o pleno de setembro, lamentan que “o goberno local trate de xustificarse dicindo que deste xeito cada parroquia realiza as actividades que considera máis interesantes”. Este argumento non se sostén porque “o propio Concello podía manter reunións informativas ou facer outro tipo de consultas coas que determinar que actividades ofrecer en cada unha das parroquias”.
Os populares consideran que “con esta acción” o goberno socialista está a afondar no “deterioro dun servizo que ofrecía o Concello” que supón “abandonar á veciñanza” como ten demostrado coa suba de impostos “para a que non tiveron reparo ningún”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



