As ‘novas’ pasan rápido, convértense en ‘vellas’, son ocultadas polas máis recentes despois de ter contribuído a ocultar ás máis antigas. Mais moitas veces forman parte dun movemento da historia, en certo xeito, convértense en ‘históricas’. Velaeiquí unha nova de, cando escribo, hai pouco máis de dez días. Saíu con diferentes titulares e presentacións (gráficas ou ideolóxicas, entre outras). Por exemplo: “Adoro a los ricos de mi ciudad”.
Os datos recollidos non eran sempre os mesmos, pero dentro do que cada medio consideraba noticia, equivalentes. Así pasa cunha afirmación, sobre a orixe da noticia: A lista Forbes. É dicir, unha relación que ven sendo algo así como o ‘Libro Guinness dos récords’, pois ano tras ano bátense marcas nos montóns de cartos que algunha xente acumula.
Esta edición, ó que parece, descobre que as 100 persoas máis ricas (non de mellor sabor nin saber, enténdase) de España aumentaron un 37 % de media a súa fortuna no último período anual que contempla. É dicir, pasaron a ter entre todos 196 000 millóns de euros, despois de ter o ano pasado ‘só’ 143 000 millóns.
Coido que debería ser máis doado aumentar unha fortuna de 10 000 euros a 13 700 euros que de 143 000 000 000 a 196 000 000 000, porcentaxes de incremento semellantes, pero en cambio non teño claro coñecer de xeito directo a moita xente que aumentara ese 37 % de aumento das grandes fortunas. Iso, aínda que as cifras de capital dos meus coñecidos anden abondo máis próximas a unha decena de millar que a unha centea de millón de euros. Non, non vou ir preguntando, pero dáme a min que non.
Noutro medio con diferente titular especifícase que cada unha das cen persoas máis ricas de España ganou de media 1,45 millóns ó día durante o último ano, ou, máis na liña de consideracións igualitarias, que hai menos mulleres que homes e que elas son ‘máis pobres’ (considérese o ‘eufemismo’).
A lista pode ter algún cambio, pero os medios máis ben a tratan como unha competición de orgullo alleo: o primeiro da lista, e con moita diferencia, é Amancio Ortega, e é galego! Non sei se tributa na Coruña ou non, pero o tratamento é algo así como dicir ‘estamos no mesmo equipo’… Poderíanse facer outras comparacións, pero coido que con esa, chega.
A lista, polo demais, quédase curta en diversos aspectos. Por exemplo, non especifica a orixe dos aumentos de capital: coido que é diferente o sentido de logralo por especulación financieira que polo incremento de unidades vendidas, ou por baixa de salarios que por mellora da eficiencia da estrutura de fabricación. Tampouco especifica a porcentaxe de impostos (ou o monto total) pagado, e é ben diferente acollerse a unha ‘enxeñaría financieira’ que rebaixe ós impostos ó 1 % (é un dicir, pero que polas noticias, pode ser realidade en máis dun caso) que que pague o 18 ou 20 %, porcentaxes máis típicas de pagadores normais no entorno que podo máis ou menos controlar.
En fin, a cifra queda aí: +37 %




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



