Lugo, 17 de novembro de 2023. O vicepresidente da Deputación e deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro e o deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa presidenta da Mancomunidade da Mariña Rocío López e persoal técnico da entidade no que se abordaron as posibilidades de colaboración do Centro de Artesanía e Deseño nas actividades que a entidade comarcal ten previsto desenvolver nos dous vindeiros anos en relación coa artesanía.
Os responsables provinciais puxeron a disposición da Mancomunidade a experiencia e os recursos do Centro de Artesanía e Deseño para desenvolver as accións previstas pola entidade para dar un novo impulso ás Rutas de Artesanía da Mariña Lucense que veñen desenvolvendo desde 2011 e reforzar o papel da artesanía dentro da oferta de turismo cultural da comarca.
A creación dunha Feira de Artesanía da Mariña, a creación de espazos de exposición e venda de produtos artesanais nas oficinas de turismo dos concellos da comarca ou a organización de espazos efémeros de demostración e venda en lugares estratéxicos para captar público consumidor e posibles visitantes son algunhas das accións previstas dentro da folla de ruta que as responsables da Mancomunidade compartiron durante o encontro, no que se sentaron as bases de futuras colaboracións.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



