Os populares condenan que “socialistas e nacionalistas estean de acordo co agravio a Galicia por parte do Goberno de Pedro Sánchez”

Lugo, 30 de novembro de 2023. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, asegura que “non se pode entender como PSOE e BNG poden estar permanentemente en contra dos galegos e, concretamente, en contra da Mariña”. Así o manifesta trala celebración do pleno da Deputación de Lugo no que o PSOE se negou a reclamarlle ao Goberno de Pedro Sánchez impulsar a A-74 e no que tanto socialistas como nacionalistas votaron en contra de mellorar o servizo da liña ferroviaria de ancho métrico.
Ameijide cre que “o transporte por ferrocarril pode servir como elemento vertebrador da Mariña, permitir unha mobilidade cómoda para os veciños e tamén constituír un motor turístico na zona; pero PSOE e BNG negáronse a apoiar a proposta do Partido Popular”. Socialistas e nacionalistas no goberno da Deputación votan en contra de medidas para A Mariña como reclamar ao Goberno do Estado a mellora do servizo da liña de ancho métrico -incluíndo a modernización do material rodante e o incremento de frecuencias- e as mesmas medidas compensatorias que anunciou para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados do atraso na renovación dos trens.
O portavoz popular condena que “PSOE e BNG rexeiten pedir para os galegos o mesmo trato que para cántabros, asturianos e vascos: a gratuidade de FEVE” e que, polo tanto, “PSOE e BNG estean de acordo con este agravio a Galicia”. Así mesmo, afea que “queiran seguir os pasos do negociador dos pactos de investidura de Pedro Sánchez e candidato do PSOE á Xunta que lle da todo a Cataluña e pon débedas aos galegos”.
Ameijide lembra que “o BNG non só vota en contra; senón que vén de firmar un novo pacto co PSOE nos mesmos termos que fai catro anos onde xa recollían a mellora desta liña. Pedro Sánchez non cumpriu demostrando que o BNG é un cero á esquerda, pero aínda así vólveno apoiar como presidente do Goberno”.
O popular incide en que “a provincia de Lugo non ten alta velocidade, nin autovías nin mantemento das vías do Estado” e para que “PSOE e BNG están de acordo en que Galicia sexa unha autonomía de segunda”.
A-74
O Grupo Provincial Popular reivindica o impulso da autovía da Mariña, a A-74, pero “o PSOE negouse na Deputación a esixir un compromiso real con esta infraestrutura paralizada polo Goberno de Pedro Sánchez” ao rexeitar unha proposta do PP. Os populares lembran que “esta autovía é unha parte fundamental para dotar á comarca dunha vía de altas prestacións” porque “son 33,5 km imprescindibles para conectar coa A-8”.
Na parte autonómica, “está construído o corredor ao seu paso polo termo municipal de Xove. Falta a variante de Viveiro -e a conexión co Vicedo- porque o Concello de Viveiro rexeitou ata 8 propostas de trazado”, inciden. Ao respecto, aseguran que “é preciso poñerse de acordo sobre o trazado para despois estudar a súa viabilidade”.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



