Trasladan aos lucenses que, co novo Goberno, o previsible é que continúe o agravio coa provincia liderado polo Executivo socialista nos últimos anos, pois, afirmou Conde, esta será “a lexislatura do pagaré independentista”
Lugo, 20 de novembro de 2023. Os deputados no Congreso e senadores -Francisco Conde, Jaime de Olano, Cristina Abades, José Manuel Barreiro, María José Gómez e Juan Serrano, respectivamente- destacaron que a investidura de Pedro Sánchez “é o maior erro político dende que existe a democracia para Galicia e para Lugo”. Os populares compareceron antes os medios de comunicación para trasladar aos lucenses que, co novo Goberno, o previsible é que continúe o agravio coa provincia liderado polo Executivo socialista nos últimos anos. Tal é así que, segundo apuntou Paco Conde, “esta será a lexislatura do pagaré independentista”, porque, dixo, “para que unhas Comunidades e unhas provincias gañen, outras perderemos”. E é que “rómpese o reequilibrio territorial en España e Galicia vai a ter que loitar duro para defender esa igualdade de dereitos e de oportunidades”.
Por este motivo, e dirixíndose claramente ao presidente do Goberno e ao seu candidato á administración autonómica, o deputado monfortino pídelles “más moderación, máis humildade e, sobre todo, máis sentido común e sentido de Estado para defender aos galegos e aos lucenses”, xa que “perdemos coa investidura, perdemos con este Goberno e lamentablemente estamos nunha situación onde os principais problemas non teñen unha resposta”. Apuntaba así Paco Conde a que, dende o punto de vista industrial, a presenza dun ministro catalán fai evidente o peso do independentismo no novo Executivo e, en consecuencia, fai “saltar todas as alarmas” respecto de proxectos tan relevantes dende o punto de vista da creación de emprego e da competitividade empresarial como son Altri ou Alcoa.
“O que agardabamos son respostas concretas para iniciativas que dependen dos fondos europeos como é Altri e tamén de Alcoa, que leva dous anos parada por unha decisión política do Partido Socialista, dado que aínda non se creou un marco enerxético que permita a súa reactivación, pero tamén no que se refire ás infraestruturas ou para que o AVE chegue a Lugo”. Por todo elo, o deputado adianta que dende o Congreso e o Senado “seguiremos traballando para que a provincia poida medrar”.
TODO O QUE TOCA O CANDIDATO Á XUNTA, PERDE
“Desde que ha llegado Sánchez a la Moncloa y desde que el candidato a la Xunta ha llegado a Madrid, Galicia no hace más que perder: pierde ministerios, pierde compromisos en los acuerdos con el BNG y pierde peso en el Gobierno de España”. Así de contundente o afirmaba Jaime de Olano, que tamén criticou que o novo Executivo sexa “un Gobierno enorme, a pesar de que se había hablado de reducción de ministerios”.
A este respecto, advertiu: “falta la persoa más importante, que no es Pedro Sánchez, sino el delincuente fugado en Waterloo, el Sr. Puigdemont, que es a quien Pedro Sánchez y los ministros le tendrán que dar cuenta de su gestión”. “El nuevo Ejecutivo es rehén de un fugado de la Justicia, cosa que no se había dado en democracia, por lo que nuestra valoración es que España ha quedado hipotecada a los intereses de esa persona”, matizou.
LEI DE AMNISTÍA
Pola súa banda, José Manuel Barreiro, e en nome de todos os senadores, defendeu a aprobación da reforma do regulamento do Senado, concretamente dos artigos 133 e 182 “para conquerir, primeiro, unha maior transparencia e eficiencia lexislativa e, en segundo lugar, para que o Goberno cumpra coa súa obriga que non é outra que render contas na Cámara do Senado e non como aconteceu a semana pasada, cando estaba prevista a comparecencia de catro ministros e resulta que marcharon. Non se pode consentir que eludan a así as súas responsabilidades”, sentenciou.
Neste senso, o popular defendeu que unha Lei de Amnistía “non se pode despachar nuns días, senón que precisa dun estudo concienzudo e de facer consultas a especialistas para tomar unha decisión”. “O que non se pode permitir, remarcou, é que o Goberno pretenda metela cun calzador e a espaldas de todos os españois”.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



