O delegado visitou un centro de produción de porco celta que contou cunha axuda de máis de 500.000 euros do Ministerio de Agricultura
Ribeira de Piquín, 20 de novembro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor os preto de 500 millóns de euros que desprega o Goberno en Galicia para actuacións relacionadas coa loita contra o despoboamento do medio rural e o reto demográfico. Fíxoo durante unha visita ao concello de Ribeira de Piquín, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Roberto Fernández; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, onde destacou o traballo sen descanso que fai o Goberno de Pedro Sánchez para que estes concellos teñan as mesmas oportunidades que o resto de municipios.
Pedro Blanco sinalou que este esforzo investidor sen precedentes tradúcese en iniciativas que dinamizan comarcas como a montaña lucense. Hoxe, en Ribeira de Piquín tivo ocasión de coñecer as instalacións de Forescelta para a produción de porco celta, que é unha realidade en parte grazas ao apoio do Goberno, que destinou máis de 500.000 euros para a súa posta en marcha. “Estes investimentos son unha boa mostra de que estamos a afrontar este desafío con feitos e non con boas palabras; feitos que teñen impacto nas vilas e parroquias de Galicia e cos que buscamos dinamizar a economía, xerar novos empregos e fixar poboación”, indicou o delegado.
Neste senso, salientou o papel dos concellos, a administración máis próxima á cidadanía, á hora de dar resposta aos problemas asociados ao reto demográfico. Pedro Blanco puxo Ribeira de Piquín como exemplo de cooperación e traballo conxunto entre administracións. “Desde o Goberno queremos garantir que veciños e veciñas como os de Ribeira de Piquín conten coas mellores infraestruturas, equipamentos e servizos públicos. Por iso, a través dos fondos do Plan de Recuperación, dixitalizaremos todo o municipio, achegando fibra de alta velocidade a 500 fogares/empresas” anunciou o delegado, “un exemplo máis do compromiso deste Goberno coa transformación do rural galego”.
Iniciativas empresariais
O centro de produción de porco celta de Ribeira de Piquín é unha das iniciativas que se están a desenvolver neste concello co apoio do Goberno, ás que tamén se suma a recuperación da antiga piscifactoría abandonada de Santalla para a produción de troitas ou a creación dun polígono con máis de 15 hectáreas de superficie alugadas aos veciños para a produción de kiwi en ecolóxico.
“Proxectos innovadores coma este, baseados na sustentabilidade, son fundamentais para o futuro de Galicia”, dixo o delegado, quen afirmou que o rural galego “non está hoxe só nin baleiro, xa que conta co respaldo do Goberno de Pedro Sánchez”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



