Oleiros, 14 de novembro de 2023. A sede da Fundación Juana de Vega acolleu a pasada semana a entrega do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2023, na categoría “Intervencións privadas no patrimonio construído e na súa contorna” ao estudio ourensán MOL Arquitectura pola súa obra do hotel Acouga, situado na rúa Emilia Pardo Bazán, 6 de Celanova (Ourense). O xurado valorou a calidade e a sensibilidade da recuperación deste inmoble, a súa integración na contorna e a posta en valor dos elementos construídos. Tamén tivo en conta a sostibilidade, a economía dos materiais, o emprego de madeiras locais e a elaboración tradicional realizada por artesáns da zona.
Tal e como recolle o Convenio Europeo da Paisaxe, as paisaxes cotiás, incluídas as urbanas, son clave para a maior parte da poboación e a súa calidade debe ser mellorada e conservada. Neste sentido, a nova vida dada a un edificio con máis de cen anos de historia, tendo en conta composición, cuberta, fachada, carpintería, interiores e integración de materiais, etc., “ofrece unha visión atractiva e unha mellora tanxible da calidade da paisaxe urbana xa que pon en valor a rica historia de Celanova”, sinala o xurado. Faino tanto na súa fachada principal sobre unha rúa importante, como na súa parte traseira, situada fronte ao xardín do parque do Mosteiro de San Rosendo e a súa capela mudéxar.
No que respecta á sostibilidade, durante a execución da reforma, o estudo tiña como obxectivo reducir o impacto medioambiental do inmoble. Por iso optou por madeira e materiais ecolóxicos con pegada de carbono negativa como pinturas e arxilas, illantes de fibras de madeira ou revestimentos de castiñeiro e pino de Galicia. Tamén elixiu sistemas de aerotermia e iluminación LED con regulación para mellorar a eficiencia enerxética.
Homenaxe aos poetas celanovenses
A maiores, e como sinalan os autores, para “reescribir unha nova páxina na historia deste fermoso edificio”, quixeron realizar unha homenaxe aos poetas celanovenses. En cada habitación pode lerse un poema dalgún dos autores que naceron na vila milenaria de San Rosendo: Manuel Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Velo Mosquera, Xosé Luís Méndez Ferrín, Paulino Vázquez e Baldo Ramos.
O estudo de arquitectura e urbanismo MOL foi fundado en 2002 por Cecilia L. Muíños, Juanjo Otero e Luis Ángel López
Accésit para unha sidraría
O accésit foi outorgado a Manuel Eduardo López Vázquez e a Belinda Yepes Jiménez, do estudio lucense Kenda Urbanismo y Territorio, polo seu traballo na rehabilitación integral da Adega Pedro Leivas, situada en Espasante de Arriba, no concello de Riotorto (Lugo) e dedicada á produción de sidra a partir de maceiras autóctonas. O xurado valorou que a actuación pode ser modelo de inspiración en comarcas similares polo seu emprego de recursos naturais locais. Tal e como sinalan os autores “hai que achegarse con humildade ás arquitecturas máis sinxelas e populares. Arquitecturas sen mestre, sen autor pero, por mor da necesidade, ben apegadas ao medio. Respectuosas coa paisaxe e co ecosistema”.
Neste proxecto, realizado con economía de medios, prima a acertada integración da sidraría coa topografía da paisaxe para configurar espazos a diferentes niveis, ofrecendo unha percepción interesante e cromática, de texturas e de volumes. Neste sentido, o xurado tamén valorou o respecto ás construcións tradicionais e á vexetación preexistente como o gran carballo integrado no peche.
Visita do xurado a Celanova e a Riotorto
A finais de setembro pasado, o xurado desprazouse ata cada un dos proxectos para valorar o traballo realizado in situ. Nesta edición, o presidente do xurado foi o arquitecto portugués, Gonçalo Byrne, e o secretario, o director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, Pedro Calaza Martínez, quen ademais é doutor Enxeñeiro Agrónomo e doutor Arquitecto da Paisaxe.
Os 6 vocais foron María Isabel Iglesias Díaz, doutora en Ciencias Biolóxicas e profesora titular do departamento de Produción Vexetal e Proxectos da Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela; Teresa Táboas Veleiro, doutora arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos; Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARASCO, con varios galardóns, entre eles o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, categoría de vivendas unifamiliares, e o Premio da Bienal de Venecia pola Remodelación do porto de Malpica. Tamén foron vogais Encarna Otero Cepeda, historiadora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego; Jesús Sánchez García, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, e Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.
Histórico
O Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe consta actualmente de tres categorías que, desde 2015, se convocan cada ano de forma rotativa. Son “Intervencións privadas no patrimonio construído e na súa contorna” (convocado neste 2023), “Intervencións en espazos exteriores” (convocado no ano 2022) e “Vivendas unifamiliares” (convocado en 2021).
O obxectivo xeral do galardón promovido pola Fundación Juana de Vega é recoñecer aqueles proxectos que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras actuacións en cada un dos seus ámbitos.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



