O delegado e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantiveron un encontro co alcalde da Pontenova, Darío Campos
A Pontenova, 19 de novembro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou na Pontenova a aposta do Goberno de Pedro Sánchez pola mellora dos servizos municipais con máis de 47 millóns euros para acondicionar e mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos a través do Programa PIREP. Na segunda convocatoria para optar a estes fondos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, adxudicáronse máis de 20 millóns de euros a 13 concellos galegos, que se suman aos 34 beneficiados na primeira liña.
“Os fondos do Goberno seguen chegando aos concellos, proba da nosa vontade e compromiso co municipalismo a través da rehabilitación de edificios de titularidade municipal e a mellora da eficiencia enerxética”, explicou o delegado, poñendo como exemplo o concello da Pontenova, “ao que se lle adxudicaron máis de 300.000 euros para acondicionar as oficinas municipais e reducir un 35% o consumo de enerxía coa aposta pola eficiencia enerxética”.
Pedro Blanco e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantiveron unha reunión co alcalde, Darío Campos, tras a que anunciaron a licitación do proxecto beneficiario da primeira liña do PIREP para a Casa do Concello. “Grazas ao traballo conxunto de concellos e Goberno avanzamos na posta en marcha de actuacións que redundan positivamente na cidadanía, coa mirada posta na redución do consumo e a sustentabilidade medioambiental ou a accesibilidade dos edificios”. Nesa liña, lembrou que estes proxectos “contribúen a modernizar os concellos de pobos e cidades galegas adaptando a prestación dos servizos municipais, pero tamén axudan á dinamización social e cultural, pois moitos dos proxectos seleccionados rehabilitarán mercados, polideportivos, centros sociais, casas da cultura, auditorios ou escolas”.
PIREP A Pontenova
Concretamente, as actuacións do proxecto licitado consistiran na mellora do illamento térmico da fachada cun panel ríxido de polistireno expandido, a renovación da carpintería exterior, a substitución das luminarias existentes de todas as plantas por lámpadas LED de baixo consumo, a instalación dunha nova caldeira para a calefacción, así como o repintado de todas as estancias e renovación das baixantes e dos canlóns exteriores.
Estas obras axudarán a mellorar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, garantindo a redución de máis do 35% do consumo de enerxía primaria non renovable, a accesibilidade, a habitabilidade e a conservación deste edificio público municipal.
Máis de 3,2 millóns na provincia
Pedro Blanco lembrou que o Goberno, a través do Mitma, destina un investimento total de 3.271.062,96 euros na provincia a proxectos de rehabilitación de locais públicos de titularidade municipal en 7 concellos. Ademais da Pontenova, son Vilalba, Antas de Ulla, Portomarín, Rábade, Pol e A Fonsagrada. Pedro Blanco puxo de manifesto que “a rehabilitación de edificios públicos beneficiará aos máis de 26.000 veciños e veciñas que residen nestas localidades”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



