Viveiro, 18 de novembro, 2023. O pasado 17 de xullo de 2023 anunciábase nos medios de comunicación locais, que a coñecida como explanada da variante pasaba a ser titularidade municipal, logo de anos de enfrontamentos entre o Concello e Costas do Estado sobre a zona.
Isto suporía unha reparación inmediata da zona para que os veciños despois de anos de espera puideran ver a explanada reparada e urbanizada correctamente.
Se ben o lóxico sería pensar que o Concello tería un proxecto elaborado previamente para reparar a zona mediante acordo cos dous promotores dos edificios, que serán os encargados de sufragar a maioría das obras, resulta que iso non existia no momento de cesión dos terreos por parte de Costas.
Pasaron xa 4 meses da cesión dos terreos, e salvo tapar as fochancas con zahorra, as cales por certo, volven a estar igual, nada se sabe do proxecto nin do acordo cos promotores. Outro inverno máis que as veciñas e veciños van pasar entre fochancas.
“É por iso que Rogamos ao Equipo de Goberno, que informe a este Pleno da Corporación Municipal, de cales foron as reunións mantidas cos dous Promotores, cantas e en que datas se levaron a cabo, en que estado se atopa o proxecto de execución e cal é o prazo previsto para o inicio das obras”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



