O Concello leva máis dunha década integrado na entidade, que participa en diversos programas de desenvolvemento coa poboación local e da que Lara Fernández Fernández-Noriega é vogal
Viveiro, 1 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aos campamentos saharauis que partirá de Vigo o vindeiro día 5. Como vogal da entidade, a concelleira de Benestar Social, Cultura e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, participará na viaxe, organizada tamén polas delegacións da República Árabe Saharaui Democrática en España e en Galicia.
A edil asegurou que é “unha honra” formar parte nun organismo como o Fondo e lembrou que o Concello de Viveiro participa nel dende hai máis dunha década. “Sempre apoiamos iniciativas de solidariedade cos pobos e coas persoas en situación de desprotección porque é moi importante tecer redes de solidariedade e achegar un gran de area a proxectos en lugares onde o necesitan”, explicou antes de avanzar que os integrantes da misión teñen programadas visitas aos puntos onde se desenvolven eses programas e reunións con autoridades locales.
Destacou tamén a importancia de coñecer de primeira man “a realidade do pobo saharaui e tratar de vir cun programa de traballo para desenvolver dende os municipios”. “Aínda que as entidades locais non poidamos facer tanto como quixeramos, ás veces un gran de area contribúe a crear unha montaña de solidariedade”, afirmou. Por ese motivo, confía en que a visita aos campamentos sirva “para abrir novos camiños de cooperación e seguier traballando para que o mundo sexe mellor”.
Lara Fernández quixo aproveitar tamén para trasladarlles públicamente o seu agradecemento ás persoas que estes días se puxeron en contacto co Concello ofrecéndose a donar produtos de primeira necesidade con destino ao pobo saharaui. Forma parte, dixo, da vocación solidaria de familias coma as que durante os veráns fan posible que nenas e nenos pasen o verán en Viveiro e coñezan outras realidades a través do programa Vacacións Pola Paz, co que o Concello colabora dende hai anos.
Durante os catro días que a misión pasará nos campamentos, os seus integrantes teñen programados encontros co primeiro ministro saharaui, a gobernadora da wilaya de Bojador, o ministro de Saúde Pública e a ministra de Cooperación. Entre os lugares que visitarán atópanse a pranta de reciclaxe de Rabuni, o Hospital Nacional e as escolas da wilaya de Bojador. Tamén se encontrarán con membros da asociación Afapredesa, coas responsables do proxecto Nadafa, apoiado polo Fondo Galego, e integrantes da Unión de Mulleres Saharauis.
A entidade promotora da misión, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais que ten como obxectivo contribuír á erradicación das desigualdades a través de proxectos de promoción do desenvolvemento en países empobrecidos, ademais de fomentar a sensibilidación social en Galicia acerca deste problema.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



