O exército israelí, dende a guerra dos seis días (polo menos) foi a envexa doutros exércitos do mundo. Un país pequeno convertido nun xigante bélico. Dende o de Gaza, xa non tanto. E non por cousa dos crimes cometidos, que baten marcas día tras día, senón por outras razóns, relacionadas coa mecánica guerreira.
Dende antigo, sabemos o que di Sun-Tzu no seu ‘Arte da guerra’, que a mellor guerra é a que non chega a comezar. Aí, o primeiro dos fallos do exército estrela (como dixen, non só pola estrela de David da insignia israelí). Non evitou, a pesar da intelixencia, a célebre intelixencia israelí, o ataque. Vaia eufemismo: non se refire á IA, intelixencia artificial, que tamén usan nese exército, senón á espionaxe común. E xa no ataque, non puido opoñelo, co que tería evitado 1200 mortes/asasinatos a máis dos feridos. E despois, non evitou tampouco os douscentos secuestros/reféns. Antes, durante e despois, os feitos dan fe de que na prevención, sexa dende a espionaxe, nos medios de contraataque inmediato ou do que sexa, o exército israelí non funcionou como se esperaba del. E iso levou a un líder/xefe de goberno, acusado de varios delitos, a unha saída de un paso adiante, ‘eu máis: póñome diante e tras de min todos os decentes’. Polo demais, unha saída típica para manterse no poder.
Naturalmente, o anterior, en resume e visto como unha guerra e non como un ataque terrorista. Estou a coller os feitos tal como os presenta o goberno israelí.
Segunda parte, a ‘ofensiva-masacre’ sobre Gaza, segundo a ONU, máis mortos nun mes (10 000) que nun ano na guerra ruso-ucraína, sobre un territorio menor que o concello de Vilalba. Resulta que acurrunchan á poboación, bombardean, matan… e non dan rematado a ‘guerra’ (que así a chaman…) nin evitado pequenos ataques terroristas de Hamás dende a franxa de Gaza. Por certo, nesta ‘guerra’ non se oe falar de ‘danos colaterais’. Pode que porque a súa cantiade pareza indicar que os ‘danos colaterais’, neste caso, sexan os obxectivos militares e non a poboación civil. E resulta que están a usar a IA para escoller obxectivos, porque nas anteriores guerras (todas as chamadas así polo exército israelí) se lles acababan os obxectivos rápido. O ter potencia de fogo é o que resulta: faise o traballo rápido e quedan sen ter que facer, teñen que procurar máis. Algo tamén común, iso de procurar máis traballo aos exércitos.
Coido que deberan usar a IA para ter a paz e non un futuro onde a falta de saídas, de futuro, para a xente de Palestina os condena a tirar para adiante de calquera xeito, mesmo da forma que está usando Israel, o terrorismo, a guerra.
E, no medio, crimes de guerra, (i)lexítima defensa contra un estado que como tal non atacou. Estou collendo información de fontes da ONU. Por certo, un estado non recoñecido -por iso o de ‘Autoridade Palestina’-, un non estado dende o punto de vista de Israel, e a pesar dos acordos de Oslo. Mentres, nada de guerra asimétrica nin nimiedades: ese conflito é terrorismo sempre, guerra cando nos din.
Ante a rección internacional, da que cabería moito que falar, non sei por que se me ven á cabeza o Nobel de Obama, recibido antes de que chegara algún mérito na presidencia novelada pola que se lle concedeu. Antes, porque mesmo o recibiu sen ter comezado o mandato. Pode que se me veña á cabeza porque en ningún dos dous casos a xente e o sentido común tivo moito que dicir fronte ó poder de cartos e intereses diversos.
E así vai o mundo. Seguimos? Sahara, Iemen ou Ucraína están na lista, con tantos outros lugares, con persoas esperando dun exército (aínda que non sexa tan poderoso e eficaz), unha bomba, unha bala como alternativa a un futuro a construír en paz.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



