“…Dirán os que mandan, deixámolos probes, agora deixémolos burros”.
(O Tío Marcos da Portela; 28 abril 1889).
“Lamas Carvajal…hizo más por la redención espiritual del campesino galaico que la prédica incendiaria de los apóstoles que acaban su carrera de diputados hechura del cacique. Lamas Carvajal fue irreductible. No le doblegaron ofrecimientos ni excomuniones. Era un Gallego” (Manuel Murguía, 1918).
Na mañá deste luns 18-D, no Liceo ourensán, a Asociación de Medios en Galego homenaxea Valentín Lamas Carvajal (1849-1906), editor e factótum d´O Tío Marcos da Portela, que saiu por primeira vez do prelo no 1876 e foi o primeiro xornal publicado integramente en língua galega. Unha homenaxe ben precisa e xustificada porque dende a celebración no 2006 do centenario do seu pasamento o estudo da súa obra, ideoloxía e, sobre todo, do significado da súa achega na cultura galega non constituiu, dende logo, unha prioridade para a investigación galega.
Mais xa Figueira Valverde no 1972, cando a RAG que Lamas fundou canda Murguía e outros no 1906 lle dedicou o Dia das Letras Galegas, explicounos que O Tío Marcos da Portela era á prosa da nosa língua o que Cantares Gallegos de Rosalía de Castro era á nosa poesia. E Marcos Valcárcel (1958-2010) dexergounos naquel 2006 do centenário da súa morte un Lamas Carvajal rexeneracionista, galeguista dede o rexionalismo e protoagrarista.
A aposta de Lamas pola língua galega nace da súa vontade de comunicación cunha poboación galega que, na altura de 1880, era galegofalante na súa case totalidade, nomeadamente o elemento labrego, principal colectividade do País. Mentres Murguía fornece á nosa historia e cultura nacionais dos consensos fundacionais que sementen unha intelectualidade operante, Lamas fálalle directamente ao pobo, denunciando o sistema da Restauración borbónica: centralismo inoperante, sistema fiscal gravoso e inxusto, corrupción municipal e maltrato aos intereses galegos. Defende a organización democrática dos labregos, a institucionalización na defensa dos intereses galegos e o progreso e modernización do País (proxecto de tren a Zamora, estrada Vigo-Ourense-.Villacastín, fonda reforma fiscal, mellora da educación en xeral e da capacitación agraria …).
No Catecismo do labrego e noutras pezas publicadas está a diagnose dos problemas da agricultura galega e a denuncia dos abusos que sofrían os nosos labregos, na altura pagadores de foros á clase rendista e de tributos sobre consumos e outros trabucos aos concellos que gobernaba a mesma clase social. Velaí que Murguía dixese no 1918 que o vivo agrarismo que daquela percorria Galicia tiña moito a ver coa semente que botaraen vida Lamas Carvajal, que xa non chegaria ver os froitos desta acción política
Na homenaxe a Lamas nos ourensàns xardíns do Posío (1918) sobranceu o activismo das Irmandades da Fala que artellaban entó o galeguismo político. A poeta e feminista Filomena Dato Muruais inaugurou o seu monumento nun dos primeiros actos presididos pola bandeira e hino galegos. Foi, verdadeiramente, un homenaxe de País.



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



