Ribadeo, 18 de decembro de 2023. O campo municipal Pepe Barrera acolleu a presentación das equipacións oficiais da tempada 2023/24 da SD Ribadeo e do Barres CF. Ao acto acudiron os preto de 260 nenas e nenos, que compoñen a grande familia da SD.
Desde a directiva agradecen o apio dos patrocinadores: “Adega Castillo San Damián, A Cofradía de Rinlo, Construcar, Pertejo SL, BeOne e Top Cad. Tamén a Gesnia Energía, Gestión Gratelu, Axa Seguros-Óscar García Teijeira SL e a Adamo-PC Coste pola súa colaboración. E a Marcos, de Deportes A Chaira, e a Lucía, de Serigrafía Eo, polo bo traballo que fixeron. Sen eles non poderíamos levar adiante este proxecto deportivo”.
Unha vez rematado o acto celebrouse a Primeira Comida do Nadal da Sociedade Deportiva, no pavillón do Colexio Público Gregorio Sanz para despedir, por todo o alto, a primeira parte desta temporada. O xantar foi servido por Chao dos Navais. Contou coa asistencia dunhas 450 persoas, “non faltou de nada: boa comida, música, animación, hinchables, sorteos…
Queremos agradecer aos adestradores, a todos os nenos e nenas e ás súas familias a presenza e colaboración nos actos deste día, realmente para nós cheo de emoción e de sentimento. Así como a presenza do alcalde de Ribadeo e dos concelleiros de Deportes e de Obras, dos edís doutros partidos políticos, significando o seu apoio constante ao club, aportando sempre medios, ideas e colaboración”, subliñan desde a directiva da SD Ribadeo.
E engaden: “igualmente o noso agradecemento ao Ayuntamiento de Castropol e ao concelleiro de Deportes pola axuda que nos brindan e a todas e todos os que de forma desinteresada colaboran con nós cada xornada. Aproveitamos esta ocasión para desexarvos a todas e a todoas unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


