Foz, 22 de decembro de 2023. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, valora moi positivamente o anuncio do Ministerio de Transportes e ve “máis cerca ca nunca” a mellora do enlace da Corredoira, intersección que une a Nacional 642 coa estrada LU-152 a Ferreira e que beneficia especialmente aos veciños das parroquias de Vilaronte, San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo.
“Seguimos superando fitos. O Ministerio de Transportes está cumprindo con Foz. Neste caso estamos a falar da aprobación definitiva do proxecto de trazado da intersección da nacional coa estrada a Feerreira, presupostado en 417.000 euros. Este anuncio non son palabras baleiras, xa que se publicará proximamente no Boletín Oficial do Estado”, explica Fran Cajoto.
O alcalde de Foz engade que “o enlace vai a contar con carrís de espera centrais para axilizar o tráfico e evitar o colapso que se forma no verán. Cunha estrada con 15.000 vehículos diarios e tempos de espera de ata 20 minutos para incorporarse na intersección en verán había que facer algo. Estivemos traballando codo con codo co Ministerio e estamos moi agradecidos; Transportes está axudando moito a Foz”.
O rexedor municipal lembra o aumento de altura de tres pontes na estrada para evitar problemas no transporte, o impulso ás rotondas de Cangas -xa en fase de expropiacións- e o anuncio da redacción do proxecto do Terceiro Acceso para Foz, que agarda ver pronto publicado. “Besteiro conseguiu axilizar os traballos de reparación na Areoura, que estaban estancados e provocaban un importante prexuízo na arteria principal da comarca. Vexo que hai compromiso e se avanza e isto para nós é prioritario, seguro que teremos máis boas novas”, destaca Cajoto.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



