Lugo, 8 de xaneiro de 2024. A Rede Museística Provincial recibiu en 2023 máis de 67.500 visitas nos catro museos que a forman. O centro máis visitado foi o Museo Provincial de Lugo, ao que se achegaron 37.600 persoas, seguido polo Museo do Mar, en Cervo, con preto de 16.000 visitantes; o Museo Etnográfico Fortaleza San Paio de Narla, con 7.500 visitas; e o Pazo de Tor, que sumou 6.300 visitantes.
A deputada de Cultura Iria Castro celebrou esta cifra, que supón un aumento de máis do 5% con respecto a 2022, cando se rexistraran 63.650 visitas, e valorou o traballo desenvolvido polo persoal dos museos “na conservación, estudo e promoción do patrimonio, cunha destacada actividade expositiva, centrada na arte galega contemporánea, e unha ampla axenda de actividades dirixidas a recoller e integrar a memoria de persoas anónimas na museoloxía, a través dun contacto estreito e continúo con distintos colectivos sociais”.
Segundo os datos recollidos, o 45% dos visitantes dos centros xestionados pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo chegaron desde distintos puntos de Galicia, mentras outro 45% procedían doutros puntos do Estado, maioritariamente de Madrid, Castilla y León e Andalucía.
As visitas internacionais supuxeron o 10% das persoas que se achegaron aos museos provinciais, destacando na listaxe de países de procedencia Estados Unidos, Reino Unido, Portugal, Alemaña, Arxentina ou Italia.
Exposicións temporais
A Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo acolle ata o 4 de febreiro a exposición retrospectiva “Leopoldo Novoa. O silencio da pintura”, que inclúe 32 obras entre cadros e libros ilustrados polo artista pontevedrés, unha das grandes referencias da arte abstracta tanto dentro como fóra de Galicia na segunda metade do século XX.
Ademais de homenaxear a traxectoria de Leopoldo Nóvoa, no último ano, a actividade expositiva do Museo Provincial de Lugo centrouse na promoción e divulgación da arte galega contemporánea con fitos como a inauguración da Sala Monográfica Tino Grandío, na que se se expoñen as obras máis representativas do pintor lucense, a mostra da pintora coruñesa “María Corredoira” no segundo trimestre do ano ou a mostra retrospectiva sobre o escultor sarriao José Díaz Fuentes “A árbore interior”, nos primeiros meses de 2023.
Sestercio da caetra
No 2023, o Museo Provincial de Lugo reforzou tamén o seu posicionamento como centro de referencia internacional no estudo da romanización coa adquisición do sestercio da caetra, unha moeda acuñada no século I a.C. e da que se coñecen só tres exemplares no mundo.
Neste inicio de ano, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovará a Sección de Numismática e Medallística do Museo Provincial de Lugo para expoñer de forma permanente esta peza, acuñada no campamento militar que deu orixe á cidade.
Xornada sobre educación e museos
No ano que entra, a Rede Museística Provincial acollerá do 3 ao 5 de xullo as Xornadas Internacionais sobre museos e educación, na que se exporán experiencias para a difusión de patrimonio e cumprimento dos dereitos culturais desenvolvidas nunha decena de museos do Estado entre os que figuran o Museo do Prado, o Museo Arqueolóxico ou o Museo de Altamira, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.
No encontro, con sede compartida entre os catro museos provinciais, daranse a coñecer materiais e estudos que se están a desenvolver nestes meses por parte dunha ampla rede de investigadores universitarios, profesorado de secundaria e xestoras de museos e que teñen como obxectivo promover mudanzas no enfoque da educación histórica con novas narrativas creadas a partir do patrimonio dos distintos museos.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



