A número tres da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia visitou esta mañá o centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña, en Cervo, onde puxo en valor o traballo deste colectivo e sinalou a necesidade de integrar a atención a estas doenzas na Atención Primaria
Cervo, 25 de xaneiro de 2024. A número tres da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Mayra García Bermúdez, visitou esta mañá o centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña, en Cervo. Acompañada polo tamén membro da lista lucense do PSdeG ao 18-F, Jorge Val, e a voceira socialista do municipio, Luján Ramos, asegurou que “con Besteiro na Xunta de Galicia haberá máis investimentos para a saúde mental”.
“Sempre digo que as persoas deben ser o centro das nosas políticas” e nese sentido a candidata apuntou que desde as Administracións é necesaria a máxima implicación coa saúde mental. A socialista incidiu na mensaxe do candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, sobre a necesidade de que “a saúde mental estea integrada na Atención Primaria, porque é a máis próxima ao cidadán”, e dotala dun maior investimento, “necesario para a contratación de máis profesionais, porque Galicia, co PP na Xunta, sigue á cola en atención á saúde mental”.
Mayra García subliñou así mesmo que Besteiro desenvolverá de maneira efectiva o Plan Galego contra o Suicidio e creará protocolos nos centros de ensino de detención temperá de patoloxías relacionadas coa saúde mental.
Durante a súa visita a este centro, a candidata socialista subliñou a importancia de “visibilizar o gran traballo que fai este colectivo e as persoas que o integran”, valorando que “aquí os usuarios e usuarios están coma na casa, e vemos como este tipo de atención é fundamental para garantir o benestar das persoas e mellorar a súa calidade de vida”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



