Alfonso Villares achegouse ás cámaras frigoríficas que a entidade vén de equipar cunha carretilla elevadora electrónica de 1.600 quilos de capacidade, no marco do proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros
Burela, 22 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe o porto do municipio lucense de Burela para manter unha reunión institucional coa confraría e representantes do sector portuario da localidade. O representante do executivo galego estivo acompañado neste encontro polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.
Durante a súa visita Villares percorreu as instalacións da confraría e concretamente visitou as cámaras frigoríficas das que dispón a entidade para o seu traballo e que veñen de equipar cunha carretilla elevadora electrónica de 1.600 quilos de capacidade. Esta mellora enmárcase nos proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas ou establecementos autorizados para primeira venda ou desembarque, cuxo obxectivo é facilitar o labor diario dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector e a súa rendibilidade.
Durante a súa visita, o conselleiro do Mar destacou que o porto de Burela é o peirao de maior descarga de peixe fresco do sistema portuario autonómico, cun volume de descargas de arredor de 60.000 toneladas anuais. Para contribuír á mellora das condicións de traballo dos profesionais que nel operan, a confraría de pescadores optou en 2023 ás axudas da Consellería do Mar, con convocatoria ata 2025, para proxectos colectivos de modernización destas instalacións, acadando a subvención do 100% da actuación de mellora das cámaras frigoríficas.
Proxectos portuarios
Durante a súa visita a Burela, Alfonso Villares coñeceu tamén de primeira man as necesidades dos mariñeiros da localidade e afondou nos proxectos solicitados para a mellora das infraestruturas portuarias e que se atopan en tramitación, como o reforzo do dique de abrigo. Estas obras están pendentes de saída a licitación ao longo deste trimestre e contan cun orzamento plurianual de 1,4 millóns de euros e unha anualidade neste 2024 de máis de 800.000 euros.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



