O Voceiro do PSdeG, Pablo Díaz, asegura que o rexedor goberna “a golpe de decreto” e cunha “absoluta e permanente falta de transparencia” en todo o que ten que ver co funcionamento da entidade local e o diñeiro público
Abadín, 18 de xaneiro de 2024. Os socialistas de Abadín acusan ao Alcalde de vulnerar os dereitos democráticos da oposición e, polo tanto, de toda a veciñanza, ocultando información e documentos do Concello cunha “absoluta e permanente falta de transparencia” en todo o que ten que ver co funcionamento da entidade local e o diñeiro público.
O rexedor “goberna a golpe de decreto” e “leva anos entorpecendo a nosa labor, sen ofrecer ningún tipo de información á oposición”, asegura o voceiro do PSdeG no Concello, Pablo Díaz, quen foi contundente ao afirmar que en Abadín “vivimos nunha auténtica ditadura”.
“Non temos resposta ás solicitudes de información de ningún tipo que facemos, nin ás actas das Xuntas de Goberno, nin dos gastos, nin dos reparos de legalidade da Secretaría por gratificacións ou omisión de procesos de contratación”, asegurou o voceiro socialista. “Tamén solicitamos información de partidas de gastos diversos por diferentes cantidades, algunha de 12.000 euros, e non obtivemos resultado ningún”, explica Pablo Díaz.
Os socialistas acudiron á Valedora do Pobo en varias ocasións, pero o Alcalde tampouco atende aos seus numerosos requirimentos. “Lembroulle o seu deber legal a responder, pero sen resultado ningún”.
Incide o socialista en que o labor de control e fiscalización do Goberno local é “imposible” polo escurantismo do rexedor e do seu equipo. Destacou a gravidade da actitude do Alcalde porque “nun sistema democrático o papel da oposición é fundamental para garantir o control e equilibrio do sistema, evitando así as prácticas autoritarias, a corrupción, a falta de eficiencia e a mala xestión”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



