Os tres desfiles, de Cervo, San Cibrao e San Román, son os pratos fortes nunha semana chea de actividades
Cervo, 30 xaneiro de 2024. O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Cibrao e en San Román de Vilaestrofe.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente alcalde, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco e a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, colectivos estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente; ademais de representantes da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que colaboran no Entroido de San Cibrao coa venta de bolos preñados e de chocolate e sobremesas típicas destas datas; e de membros da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, que colaboran co desfile de San Román.
Os actos de Entroido comezarán o domingo 11 de febreiro, co Desfile de Cervo que partirá ás 18:00 horas do CEIP de Cervo, a ritmo da charanga Os Macanudos, ata a Praza do Souto, onde se fará a entrega dos premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de Entroido; a continuación disco móbil Conxuro, poñerá os acordes á festa.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 675 82 39 85 (Azucena) e 617 31 32 07 (Rafa) e tamén estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h no CEIP de Cervo, o mesmo día do desfile.
As comparsas, que deberán estar integradas por máis de 8 persoas, e que se anoten antes do sábado 10 de febreiro, recibirán unha cesta de produtos típicos de entroido.
O martes 13 terá lugar o desfile de Entroido de San Cibrao a partir das 18H con saída da carpa instalada na Praza dos Campos e amenizado pola charanga Os Macanudos. Haberá 2.280€ en premios aos mellores disfraces e comparsas. Ao remate do desfile amenizará un grupo de música.
As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao, chamando ao 982.59.51.57, en horario de mañá e ata o mesmo día do desfile. As persoas que se inscriban antes do sábado, 10 de febreiro, recibirán vales de consumición para os establecementos hostaleiros locais e bolos preñados.
Aceptaranse inscricións ata o martes 13 de febreiro na Casa da Cultura pola mañá; e ese mesmo día na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:00 horas; pero sen dereito a vales nin bolos preñados. Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os/as gañadores/as terán que recollelo co disfrace posto.
O sábado 17 péchase a semana de Entroido no Concello de Cervo co Desfile de Entroido de San Román organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras.
Será a partir das 22:00H no Pavillón de San Román de Villaestrofe e estará amenizado polo grupo Zona e por disco móbil Conxuro. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios aos mellores disfraces e o teléfono para formalizar a inscrición é o 656.272.802.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



