O candidato número catro da candidatura socialista pola provincia de Lugo denunciou xunto ao Alcalde, e membros do Goberno municipal ante o centro de saúde de Láncara o “mal endémico” que sofren a meirande parte dos concellos da provincia nos seus centros de saúde por falta de persoal, exceso de carga de traballo e malas condicións laborais
Láncara, 06 de febreiro de 2024. O número catro da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Miguel Tomé López, asegurou que con Besteiro na Xunta de Galicia “devolveremos a calidade á sanidade pública con máis investimentos e máis persoal”.
O candidato fixo estas reivindicacións diante do centro de saúde da Pobra de San Xiao, en Láncara, acompañado do Alcalde Darío Piñeiro, o Tenente Alcalde e Deputado provincial, Pablo Rivera, e concelleiros e concelleiras do goberno municipal. Miguel Tomé denunciou a mala xestión do Goberno do PP que nestes últimos 15 anos converteu a sanidade pública nun “mal endémico” que sofren nos seus ambulatorios cada día os veciños e veciñas da meirande parte dos concellos da provincia de Lugo, por falta de médicos, exceso de carga de traballo e malas condicións laborais.
“Estamos a vivir a maior crise da sanidade pública nas dúas últimas décadas, con listas de agarda quilométricas, nenos que non teñen pediatra, centros de saúde pechados ou atendendo segundo o día da semana, e a falta de profesionais polas precarias condicións laborais. Non se pode xogar así coa saúde dos nosos veciños e veciñas, e denunciámolo aquí en Láncara porque é o vivo exemplo de que imos camiño de perder a atención asistencial cada vez máis precaria e desatendida”. Lembrou que xunto a Láncara “hai 14 concellos, con 33.000 veciños, con risco de perder aos seus médicos por xubilación en Sober, Pantón, O Páramo, Guitiriz, Castro de Rei, Samos, Monterroso, Pedrafita, As Nogais, O Incio, Antas de Ulla, Begonte y Portomarín”.
Fronte a isto, vimos a ofrecer esperanzas dixo o candidato, porque cun Goberno progresista liderado por Besteiro reverteremos estas cifras “rescatando a sanidade pública, máis en concreto a Atención Primaria, fixando un límite de 48 horas para fortalecer o sistema sanitario e poñer fin a incerteza de moitos enfermos, e ofrecendo as mesmas garantías aos cidadáns con independencia de que vivan nas grandes cidades ou no rural”. Así mesmo, subliñou, garantiremos o traballo digno e con incentivos aos seus profesionais, reabriremos centros de saúde pechados,
Pola súa parte o Alcalde lamentou ante o centro de saúde que “o de Láncara está na UCI porque dos tres médicos que tiñamos, un xubilouse e os outros dous están a punto de facelo”. Denunciou Piñeiro o incumprimento do Goberno de Rueda, xa que tanto a Xunta como o voceiro do PP de Láncara “prometéronos que se cubriría a praza vacante, e seguimos sen cobertura polo que hai unha sobrecarga na atención para os outros dous facultativos, e listas de espera que non había”.
Criticou o Alcalde o investimento do PP no rural ”non se pode dicir que están investindo no rural, que queren favorecelo se despois as medidas que toman son as de recortar en todos os servizos públicos fundamentais coma a sanidade, educación ou no transporte”. Polo que, rematou dicindo o rexedor lancarés, “o 18 de febreiro a xente ten nas súas mans dúas posibilidades, elixir entre seguir como estamos coas políticas de recortes ou pola contra apostar polo cambio, e devolver aos concellos rurais a calidade na sanidade, na educación, no transporte e nos servizos sociais”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



