“Despois de Lugo, somos o concello da provincia que presta máis horas de axuda no fogar, unha prioridade para o goberno local”, explica Marta Rouco
Vilalba, 7 de febreiro de 2024. O Concello de Vilalba adxudicou esta mañá en pleno o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) cos votos a favor dos grupos do PSdeG, Vilalba Aberta e PP, e a abstención do BNG.
A adxudicación do SAF á empresa ‘Protección Geriátrica 2005’ é por dous anos cun orzamento base de 6.884.894,70 euros (20,18 euros por hora).
O servizo, que conta neste momento con 143 traballadores, atende a día de hoxe a 311 veciños e veciñas de Vilalba (14.700 horas mensuais).
“As políticas sociais e a atención a maiores e dependentes son prioridades para o goberno local, por iso esta adxudicación é tan importante para Vilalba”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.
“Despois de Lugo, somos o concello da provicia que presta máis horas no SAF”, engade Rouco, “xerando emprego e convertindo a axuda no fogar nun piar básico da nosa acción de goberno”.
Marta Rouco demanda “máis financiamento por parte do goberno galego, que non pode afogar aos concellos desta forma, de igual xeito que nos transfire o servizo debería transferirnos fondos suficientes”.
De feito, dos máis de 13 millóns de euros do orzamento municipal para 2024, o concello lembra que máis de nove se dedican á prestación de servizos, máis de tres a persoal e de libre disposición restan só 500.000 euros, que se dedican fundamentalmente á dinamización do tecido asociativo.



















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



