Elena Rivo, Cristina Sanz e Sandra Vázquez explicaron nun encontro en Vilalba algunhas das medidas para avanzar en materia de igualdade
Vilalba, 12 de febreiro de 2024. “O rural e as mulleres son dous piares fundamentais desta provincia e por iso quixemos comezar esta semana, nos últimos días de campaña antes do 18 de febreiro, en contacto con representantes das mulleres rurais”, subliñou Cristina Sanz, “para trasladarlles o noso apoio e presentar algunhas medidas da Galicia de Rueda” coma a aprobación do Estatuto da Muller Rural para garantir os seus dereitos específicos e desenvolver os principios inspiradores da Lei galega da igualdade.
A candidata polo PP da provincia ao Parlamento galego acudiu a un encontro celebrado na casa escola de Bordelle, en Vilalba, xunto á tamén candidata Alicia López, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade do Goberno galego e candidata por Ourense, Elena Rivo, e a presidenta do PP vilalbés, Sandra Vázquez.
As populares subliñaron que “as mulleres rurais son parte activa e fundamental no emprendemento rural, aportando o talento e como motores do emprego igualitario e do traballo respectuoso co medio”. E, nese sentido, avanzaron a súa intención de “seguir a traballar da vosa man, da man das entidades que vos representan”.
Rivo subliñou que “nos últimos catro anos o Goberno galego fomentou o emprendemento feminino apoiando a máis de 1.500 mulleres a través do programa Emega con máis de 23M€”. E lembrou que “en Galicia fomos pioneiros na posta en marcha de medidas nos últimos anos para garantir a igualdade entre mulleres e homes, educar nunha sociedade xusta e equitativa, protexer as vítimas da violencia machista e as súas familias, facilitar a conciliación e a corresponsabilidade e erradicar discriminacións por razón de sexo ou identidade”.
A GALICIA DE RUEDA EN IGUALDADE
As populares subliñaron o seu compromiso de “traballar para seguir avanzando na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, xa vivan en contornas urbanas coma en contornas rurais”. Ademais da aprobación do Estatuto da Muller Rural, subliñaron outras medidas coma o incremento das axudas para o acceso das mulleres á actividade agraria e á titularidade das explotacións agropecuarias ou a flexibilidade laboral con apoio a medidas que fomenten o teletraballo, horarios flexibles ou a posta en marcha de servizos de conciliación -estendendo as casas niños a tódolos concellos de Galicia que non dispoñen de ningún outro recurso ou garantindo a gratuidade da educación infantil 0-3 anos.
O programa de Goberno de Alfonso Rueda tamén seguirá a colaborar co tecido empresarial no fomento do ascenso de mulleres en postos de directivos e de decisión, a través dunha nova axuda económica ás empresas. E tamén reforzará e ampliará a formación específica en igualdade laboral; ademais de aprobar a estratexia para o impulso do emprego feminino de alto valor engadido en favor dunha igualdade efectiva nos ámbitos masculinizados.
Así mesmo, prevé ampliar a carteira de servizos dos centros de información á muller (CIM), para atender todas as necesidades.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



