Os deputados populares explican que a resolución da adxudicación deste contrato pódese converter “nunha nova compra de vontades dentro do partido socialista” en plena campaña electoral tras deixar no aire a resolución dun proceso alegando “unha baixa anormal” da mellor oferta, sendo, casualmente, a empresa que quedou en segundo lugar, unha UTE vencellada a cargos e familiares de membros do partido socialista na zona sur da provincia”
Lugo, 6 de febreiro de 2024. “O presidente Tomé nunca deixará de sorprendernos, pero sempre para mal. PSOE e BNG están descontrolados”. Así de contundentes se amosan os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo tras ter coñecemento do que podería converterse nunha nova compra de vontades nas familias do partido socialista antes das eleccións.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, refírese neste caso á contratación do programa ‘Coñece a túa provincia’ que estes días vai a adxudicar o goberno de Tomé. “Dicimos que vai a adxudicar porque o venres reuniuse a mesa de contratación e a empresa que fixo a mellor oferta pode non ser a beneficiaria do programa debido a que a Deputación consideraa ‘anormalmente baixa’ e pediron unha xustificación, que se a Deputación non a considera oportuna provocaría que a xestión do programa sexa para a empresa que quedou en segundo lugar, unha UTE vencellada a familiares de altos responsables dos gobernos socialistas na Deputación e no Concello de Monforte”, sinala.
Antonio Ameijide explica que esta UTE está formada por dúas empresas. Unha delas, Albergue Santiago 15, ten como responsable a Ramón Díaz-Varela López, irmán do xefe de gabinete de José Tomé na Deputación de Lugo, que á súa vez é fillo dunha concelleira do PSOE en Monforte.
Desa UTE tamén forma parte Ruth Díaz, persoa que formou parte dunha candidatura independente nas pasadas eleccións municipais en Sober, ademais de traballar durante case tres anos na rede museística do Concello de Lugo. “Esta José Tomé tentando cambiar vontades dentro da zona sur da provincia de Lugo de cara a futuras candidaturas?”, preguntou.
“Estamos fartos das corruptelas de PSOE e BNG á fronte da Deputación de Lugo que seguen empregando a institución como a súa chequeira de man”, criticou.
DATOS PROGRAMA COÑECE A TÚA PROVINCIA. Un concurso de máis de 921.609,15€ cunha duración de catro anos, dous anos iniciais máis posibilidade de prórroga durante dous anos máis. “Vemos como queren facer un Km0 versión 2.0 para seguir comprando ás familias socialistas para o candidato do PSOE á Xunta”, recalcou.
O programa ‘Coñece a túa provincia’ “recorda, e moito” a outro programa que xa puxera en marcha a Deputación de Lugo, baixo a presidencia do actual candidato do partido socialista á Xunta de Galicia, e que rematou nos xulgados. “Estaremos atentos á evolución da adxudicación e, se é preciso, poremos toda a documentación en mans do noso gabinete xurídico para que o valoren xa que temos moi claro que imos a defender os intereses dos lucenses ata o final e non imos a permitir que a Deputación sexa a chequera do PSOE”, sinalou.
Este caso vén a sumarse á compra do Castelo de Doiras por parte da Deputación de Lugo, “un pelotazo inmobiliario” co que José Tomé pretende dar un beneficio de 690.000€ a unha fundación controlada por un cargo socialista.
No pleno da semana pasada “demos a PSOE e BNG a primeira e única oportunidade de paralizar este pelotazo inmobiliario e demostrar dignidade e ética renegociando o prezo de adquisición deste inmoble, pero tanto socialistas como nacionalistas negáronse”. “Agora lanzamos unha advertencia a Tomé por se ten a máis mínima intención de dar outro pelotazo para familiares de altos cargos dos seus gobernos da Deputación e do Concello de Monforte”, afirmou.
Antonio Ameijide recalca que “este voto en contra de PSOE e BNG foi un voto a favor do caciquismo, de utilizar esta Deputación como un cortijo e de utilizar os cartos de tódolos lucenses para pagar os favores políticos do candidato á Xunta polo PSOE e dos seus secuaces do BNG”, unha operación urbanística que se xestou en cinco semanas.
Pero non é o único caso de “compra de vontades por parte do partido socialista” xa que tamén se suma aos 15M€ que durante 2023 José Tomé destinou a concellos dirixidos por socialistas e nacionalistas na provincia “en convenios asinados a porta pechada”. “15M€ en convenios e nin un euro foi a concellos gobernados polo Partido Popular que son máis da metade dos que hai na provincia”, afirmou.
Antonio Ameijide critica a actitude de PSOE e BNG que “cando se trata de contentar aos seus non teñen problema en pagar as facturas que sexan necesarias pero, para outras necesidades máis urxentes, como a apertura da residencia de Becerreá non hai nin un euro”.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



